Skip to Content

            

    

 

 

Declaración de política Erasmus+ e carta Erasmus 2021/2027 do IES Cidade de Antioquía

Poñemos a disposición de calquera persoa interesada a "Declaración de política Erasmus" do noso centro.

Para acceder á carta Erasmus 2021/2027 prema na seguinte LIGAZÓN.

Actividade do alumnado de 4º da ESO en Compostela

O alumnado de 4º da ESO disfrutou dun día moi divertido en Santiago de Compostela, organizado polos departamentos de educación física e matemáticas.

A xornada consistiu nunha sesión de escalada no rocódromo da cidade, paseo e resolución de actividades matemáticas na Alameda para rematar en As Cancelas.

Sen dúbida con moitas  ganas de repetir! 

Noraboa ao alumnado polo seu excelente comportamento.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.

NOVIDADES: Publicado o listado de solicitudes admitidas e excluídas. Debe consultarse polo número solicitude persoal.

ENLACE ao listado.

****************************************************

A consellería de educación ven de publicar unha Orde pola que se convocan axudas para a formación en linguas estranxeiras no ano 2024. AXUDASLE 2024.

Vai dirixida a alumnado matriculado en 1º ou 2º de Bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, dende o 13 de febreiro ao 12 de marzo, incluídos.

Pódese consultar a orde completa neste ENLACE, e un extracto da mesma coa información máis relevante neste outro ENLACE.

Becas do ministerio de educación e FP para o curso 2024/2025

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 15/03/2024, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

  • Prazo de solicitudes para o curso 2024/25: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.

 

 

Enlace ao extracto da convocatoria.

Enlace ao documento completo da convocatoria.

Instrucións resumidas polo departamento de orientación.

 

Pulsando na imaxe accédese ao portal do ministerio de educación.

Presentación de curtametraxes "Seguridade Violeta"

O CIM e a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Xinzo de Limia convidan ao alumnado de 2º da ESO á Presentación das Curtametraxes "Seguridade Violeta", que terá lugar este venres 22 de marzo, ás 20:30h, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
 
Estas curtas xurden da actividade "Seguridade Violeta", executada os días 5 e 6 de marzo, entre o alumnado de 2º da ESO de ambos IES e dentro da programación do Día Internacional da Muller.
 
Premer sobre o cartaz para ver máis grande.
 

Acreditación de competencia dixital para o alumnado

A consellería de educación ditou unha resolución o pasado 28 de febreiro de 2024 que regula a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

 

Poderán acreditar a competencia dixital o alumnado que esté matriculado en 4º ESO ou 2º BACHARELATO no curso 2023-2024.

 

1. Acreditación da competencia dixital do alumnado de 4º de ESO.

 

  • O alumnado que obteña o título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

 

  • Ademáis poderán presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

2. Acreditación da competencia dixital do alumnado de 2ºBACH.

 

  • A obtención do título de bacharelato acredita que o/a alumno/a ten os coñecementos,  habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

 

  • Se acada o título de bacharelato e ademais supera a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación que acredita o nivel intermedio.

As probas de acreditación terán lugar no propio instituto.

Pódese atopar toda a información relacionada e máis modelos das probas no seguinte ENLACE.

 

 

 

8 M no IES Cidade de Antioquía

Parte do alumnado de 4º da ESO analizou a situación actual que viven, baixo o seu punto de vista, as relacións entre as persoas.

Sintetizaron a súa análise neste traballo no que cada un e cada unha sae da súa gaiola máis ou menos machista.

Noraboa!

 

Conmemoración do día de Rosalía de Castro.

Xa están dispoñibles na nosa canle de Youtube os videos do recital de poesía do alumnado de 1º da ESO, para conmemorar o día de Rosalía de Castro. Preme na imaxe para acceder.

Distribuir contido


by Dr. Radut