Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

ABALAR MÓBIL

Premer no LINK para acceder á circular informativa en relación coa aplicación ABALAR MÓBIL. 

CONVOCATORIA FAMILIAS REUNIÓN INFORMATIVA BACHARELATO

O vindeiro luns 16 de outubro terá lugar unha reunión informativa no centro cas familias do alumnado de BACHARELATO.

Pódese acceder á convocatoria no segunte link:

CONVOCATORIA FAMILIAS DE ALUMNOS DE BACHARELATO

CONVOCATORIA FAMILIAS REUNIÓN INFORMATIVA ESO

O vindeiro luns 9 de outubro terá lugar unha reunión informativa no centro cas familias do alumnado de ESO.

Pódese acceder ás convocatorias nos seguntes links:

FAMILIAS DE ALUMNOS DE 2ºESO, 3ºESO e 4ºESO 
FAMILIAS DE ALUMNOS DE 1ºESO, GRUPOS A, B e C
FAMILIAS DE ALUMNOS DE 1ºESO, GRUPOS D e E

 

 

AVISO ÁS FAMILIAS SOBRE OS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

Co fin de evitar extravíos, e de controlar o estado dos libros de texto do fondo solidario pedímoslles que lembren aos seus fillos que poñan ao dorso da portada de cada un deles o seu nome e apelidos, e a lenda “curso 2017/2018”.

Agradecémoslles a súa colaboración.

 

INICIO CURSO 2017-18

Lémbrase, que como xa está publicado no calendario de setembro, a presentación do curso será o vindeiro venres día 15.

Recepción dos alumnos de ESO de 11:00 a 12:00 horas polos titores. Haberá transporte escolar.

Recepción dos alumnos de Bacharelato de 12:30 a 13:30 horas (ao non ser ensinanza obrigatoria, non disporán de transporte escolar)

 

O comezo das clases será o luns día 18 no horario habitual do centro.

 

CONFIRMACIÓN MATRÍCULA

Os alumnos que fixeron prematrícula en xuño deben confirmala o antes posible achegando o impreso que está dispoñible en conserxería, e ó que tamén se pode acceder dende aquí

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

A Consellería de Educación convoca en Galicia os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2016/17 

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de setembro de 2017.
As solicitudes poden tramitarse a través do formulario ED311E dispoñible en https://sede.xunta.es

Máis información no seguinte LINK

Distribuir contenido