Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

CALENDARIO DEFINITIVO EXAMES SETEMBRO

Xa está pubricado o calendario DEFINITIVO de exames de setembro no bloque correspondente. 

Pódese acceder directamente dende AQUÍ

LISTAXES DEFINITIVAS!!! ADMITIDOS PARA SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017/2018

Publicadasas listaxes DEFINITIVAS de admitidos para cursar unha sección bilingüe no curso 2017-18.

Pódese acceder directamente dende AQUÍ

CALENDARIO PROVISIONAL EXAMES SETEMBRO

Para ver o calendario PROVISIONAL de exames de setembro premer AQUÍ

ESTE CALENDARIO É PROVISIONAL. Pendente de revisar que non exista ningunha incompatibilidade horaria. A finais de xullo colgaremos o definitivo.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS PARA SECCIÓN BILINGÜES CURSO 2017/2018

Publicadasas listaxes PROVISIONAIS de admitidos para cursar unha sección bilingüe no curso 2017-18. 

As reclamacións faranse ante a directora do centro antes das 14:00 horas do día 11 de xullo.

O 13 de xullo publicarase a lista definitiva de admitidos.

Pódese acceder directamente dende AQUÍ

CIRCULAR ÁS FAMILIAS CON INSTRUCCIÓNS FIN DE CURSO

O pasado 15 de xuño enviouse unha circular informativa ás familias, a través dos alumnos, co calendario de fin de curso e entrega de libros de texto ao fondo solidario.

Para consultar dita información premer AQUÍ

VIAXE ROMA 1º BACHARELATO CURSO 2016-2017

Este luns repartiuse unha circular ás familias dos alumnos asistentes, acompañada de una copia co itinerario da viaxe.

Pódese acceder dende aquí, premendo nos links en vermello.

INFORMACIÓN IMPORTANTE FOLGA DE TRANSPORTE

Está convocada unha folga xeral de carácter indefinido para os martes e mércores de cada semana no sector do transporte de viaxeiros por estrada. Esta folga ten incidencia no sector educativo os días 20 e 21 da semana en curso.

Os servizos mínimos que foron publicados hoxe no diario oficial de Galicia e quedan así:

Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais todos os itinerarios existentes nos horarios habituais.

 

VIAXE O GROVE-SANXENXO

Saída o xoves 22-06-2017 ás 08,30 do aparcadoiro de autobuses.

Chegada ó Grove e viaxe en catamarán.

Visita mirador Siradella.

Comida.

Praia de Sanxenxo.

Chegada a Culleredo ás 20,00 aproximadamente.

Non esquezades levar crema solar, bañador e toalla!!!

Distribuir contenido