Evitar navegación.
Principal

AVISOS FAMILIAS

LISTAXES DEFINITIVAS!!! SOLICITUDES SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017/2018

Xa están publicadas no bloque de SECCIÓNS BILINGÜES CURSO 2017-18, as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes. 

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos ADMISIÓN 2017-18

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no bloque de ADMISIÓN CURSO 2017-18.

Tamén se pode acceder directamente dende AQUÍ

ADMISIÓN 2017-18 - LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

XA ESTÁ PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN.

TODA A INFORMACIÓN NO APARTADO CORRESPONDENTE DA NOSA WEB.

INFORMACIÓN FOLGAS

Hai una convocatoria de Folga Xeral para o día 8 de marzo e outra de Folga do Ensino para o día 9 de marzo.

Durante as folgas o centro permanecerá aberto no seu horario habitual, funcionará o transporte escolar e os alumnos serán atendidos polos seus profesores habituais, ou na súa ausencia, polos profesores de garda.

Eleccións ó Consello Escolar

Lembrámoslles que no mes de novembro terán lugar as eleccións ó Consello Escolar do centro.                                                                                                                 

Recibirán información ó respecto a través da páxina web e nos taboleiros de anuncios do instituto.

Animamos a todos a participar, tanto presentando candidatura, como achegándose a votar na data sinalada.

DOCUMENTOS RELACIONADOS:

RESULTADOS ELECCIÓNS

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

1-ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

2-ELECCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

3-RESULTADOS SORTEO MEMBROS XUNTA ELECTORAL

4-CALENDARIO ELECTORAL

5-MEMBROS DAS MESAS ELECTORAIS

6-PROCLAMACIÓN PROVISIONAL DE CANDIDATOS ELECTOS

7-PROCLAMACIÓN DEFINITIVA DE CANDIDATOS ELECTOS

Xornada de acollida ás familias

Tal e como se falou na reunión coas familias deixamos AQUÍ A LIGAZÓN Ó VIDEO polo que mostraron interese.

O luns 17 de outubro ás 18:15 terá lugar a Xornada de acollida ás familias.

As familias dos alumnos, agás os de 1º da ESO, acudirán directamente ás aulas onde reciben clase os seus fillos para ser atendidos de forma grupal polo/a titor/a.

As dos alumnos de 1º da ESO reuniranse primeiramente coa directora na sala de Usos Múltiples, onde recibirán información xeral sobre a ESO e o funcionamento do centro. Seguidamente dirixiranse ás aulas dos seus fillos para ser atendidos polo/a titor/a do seu grupo.

Ó final, todos poderán visitar libremente o centro.

Nestes días farémoslles chegar unha circular informativa sobre a devandita xornada.

Tamén se informará sobre o programa Ponte a Punto, que se impartirá polas tardes por monitores do Concello, co fin de reforzar o estudo.

 

Aviso

Durante a primeira quincena de agosto atenderémoslles chamando ao teléfono: 677342629, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Se, por calquera motivo, a súa chamada non pode ser atendida, deixen a súa mensaxe e porémonos en contacto con vostede.

Culleredo, o 29 de xullo de 2016

Distribuir contenido