Novas
LIBROS DE TEXTO 2021-2022
Enviado por admin o Lun, 06/28/2021 - 13:16Faise pública a listaxe cos libros de texto para estudar no IES As Bizocas durante o curso 2021/2022.
AVISOS FINAL DE CURSO
Enviado por admin o Lun, 06/21/2021 - 13:40
Estimadas familias:
1-O martes 22 levarase a cabo a devolución de TODOS OS LIBROS de préstamo, o alumnado terá que traelos e entregalos a primeira hora.Logo, o venres o alumnado que teña materias pendentes para setembro poderá recoller aqueles libros que precisen.
PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por admin o Mar, 06/15/2021 - 09:23Achégase un cartaz cos prazos de matrícula para o curso 2021/2022.
As familias do novo alumnado que se incorpore ao IES As Bizocas para estudar 1º ESO deberán recoller previamente o sobre coa documentación necesaria para formalizar a matrícula a partir do venres 25 de xuño (incluído) en horario de 09:30 h a 13:30h.
Lémbrase que posteriormente para a entrega da documentación xa cuberta (entre o 25 de xuño e o 10 de xullo) deberán concertar cita previa (chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a ies.asbizocas@edu.xunta.gal).
AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2021-2022)
Enviado por admin o Mér, 06/02/2021 - 18:50*Adxúntase a solicitude máis un cartaz informativo.
Fondo de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar para 2021/2022
Enviado por admin o Xov, 05/20/2021 - 13:22
No DOG de hoxe, 20/05/2021,publicouse a ORDE do 6 de maio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que regula para o curso 2021/22:
a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2020/21).
b) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO.
REQUISITOS para poder participar na convocatoria:
- FONDO LIBROS: Pódese solicitarcon independencia da renda per cápita, pero os libros dispoñibles repartiransepor orde inversa á renda, ata que se esgoten, garantindo:
-
Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto.
-
Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros de texto.
- AXUDAS MATERIAL: Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (axuda: 50 €)
Para calquera modalidade (fondo libros ou axudas material) é IMPRESCINDIBLE devolver os libros de texto, de ter sido beneficiario no curso 2020/21. Cando se vaia rematando este curso avisarase doprazo límite para devolvelos(agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedar co libro correspondente ata que se examine en setembro).
PRAZO de presentación de solicitudes: do 21 de maio ata o 22 de xuño.
Teñen acceso ao formulario de solicitude na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
Presentaranse preferiblemente por vía ELECTRÓNICA, a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B), empregando calquera mecanismo de identificación e sinatura admitido, como por exemplo: Chave365, DNI electrónico, certificado FNMT.
No caso de non dispoñer de ningún medio de identificación e sinatura dixital, poderase presentar a solicitude PRESENCIALMENTE no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros públicos. Para presentala presencialmente no instituto será imprescindible solicitar CITA PREVIA chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a: ies.asbizocas@edu.xunta.gal
A SOLICITUDE será única para todos os/as fillos/as que estean admitidos/as no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e especificarase o nivel de estudos que se espera que realice cada un deles. Se están admitidos en centros distintos presentarase unha solicitude en cada centro educativo (e no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a).
PARA CUBRIR A SOLICITUDE LEMBRE:
- O primeiro apartado, "Datos da persoa solicitante", cubrirase cos datos do pai ou danai ou da persoa representante legal, quen a asinará,e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto prestados do fondo e o material reutilizable mercados coa axuda. As autorizacións dos restantes membros da unidade familiar (excepto do proxenitor que se indicado como "solicitante"), figurarán no apartado Anexo II do formulario de solicitude.
- Cando a documentación se presente de xeito presencial, achegaranse as fotocopias e os respectivos orixinais, para poder verificar a súa autenticidade. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019 (agás no caso de violencia de xénero).
- TODAS AS SOLICITUDES teñen que acreditar documentalmente os membros da unidade familiar a 31/12/2019 (co libro de familia e tamén coa sentenza de separación ou divorcio de ser o caso).
- LER o arquivo en "pdf" adxunto, que contén un resumo dos requisitos que hai que cumprir para participar nesta convocatoria e mais toda a documentación necesaria e preceptiva que hai que presentar para a tramitación.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS:
- Fondo de libros de texto: A listaxe provisional de alumnado admitido publicarase arredor do día 9 de xullo (para a listaxe definitiva haberá que agardar ata o 15 de setembro).
- Vales para mercar material escolar: Porase un aviso arredor do día 9 de xullo informando da tramitación dos vales. (En todo caso, os vales entregaránselle ao alumnado beneficiario a canda os libros de texto, durante os primeiros días de clase do próximo curso).
FIN DE CURSO - Entrega de notas e periodo de reclamacións
Enviado por admin o Ven, 05/07/2021 - 18:03A entrega de notas farase de modo presencial e a través da plataforma ABALAR o venres 25 de xuño, ás 10:00. Ó alumnado que superase tódalas materias en 1º, 2º e 3ºESO prporcionaráselles o sobre de matrículo para o curso 2021/2022.
Período de reclamacións: venres 25, luns 28 e martes 29 de xuño de 10:00 a 13:00.
LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2021/22
Enviado por admin o Ven, 05/07/2021 - 09:35Publícase a listaxe DEFINITIVA de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2021/2022.
Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódense consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telemáticamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentara dese xeito).
Contra as listaxes definitivas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa, posteriormente poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo.
Este alumnado deberá formalizar a matrícula entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. Facilitarase a documentación necesaria no instituto e deberá entregala presencialmente con cita previa chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a ies.asbizocas@edu.xunta.gal
LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2021/22
Enviado por admin o Mar, 04/06/2021 - 12:33
Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2021/2022.
Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódense consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentara dese xeito).
Poderán formularse reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta listaxe. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas entenderase realizada a través da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.
Procedemento de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2021/2022
Enviado por admin o Mar, 03/02/2021 - 12:56O alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2021-2022 terá que presentar a solicitude de admisión do 1 ao 22 de marzo.
A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES en cada un dos cursos é a seguinte:
- 1º ESO: 3(+ 6NEEAE)
- 2º ESO: 0
- 3º ESO: 11
- 4º ESO: 24
Presentarase unha solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar, empregando o formulario oficialmente establecido (Anexo II). Teñen toda a INFORMACIÓN e manuais de axuda para as familias na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Acceden así a unha aplicación na que poden cubrir a solicitude, marcar os criterios do baremo (que, chegado o caso, queiran que se valoren) e imprimir a solicitude e presentala de forma presencial no instituto ou presentala directamentepor vía electrónica a través da propia aplicación utilizando dni-e, certificado dixital ou chave365.
Lémbrase que co Anexo II de solicitude deberán achegar:
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (dni ou libro de familia).
- Certificado de matrícula do curso actual.
- Se é o caso, convenio regular ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.
Non será necesario presentar máis documentación, salvo que se opoñan á consulta automática dos datos.
No caso de que haxa que baremar avisarase (arredor do 22 de marzo) do prazo para presentar presencialmente no instituto a documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude.
NOTAS DE INTERESE:
1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Poderase renunciar a unha solicitude de admisión xa presentada únicamente ata o 20 de marzo, do contrario a solictude será vinculante e a duplicidade determinará a escolarización da/o alumna/o conforme o procedemento subsidiario.
2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O actual alumnado do IES As Bizocas ten garantida a súa permanencia para cursar as ensinanzas de ESO neste centro. Porén, o alumnado matriculado en 4º ESO debe presentar a solicitude de admisión no instituto da súa elección onde queira continuar os estudos.
3. O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
4. As familias deben ser conscientes de que únicamente o alumnado que segundo o domicilio alegado a efectos de valoración estea na zona de influencia deste centro terá dereito ao servizo de TRANSPORTE ESCOLAR ofrecido pola Xunta de Galicia.
LEXISLACIÓN APLICABLE:
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
OUTRA INFORMACIÓN:
- Centros adscritos: CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán.
- Servizos complementarios: transporte escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »