Novas

Bolsas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidade de apoio educativo

Convocadas axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo do Ministerio de Educación. Poden atopar información sobre a convocatoria no documento adxunto e na seguinte ligazón: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

Listaxe PROVISIONAL Fondo Libros-Axudas material 2021/2022

Hoxe, 9 de xullo, publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario-Axudas material 2021/2022 convocado pola Consellería de Educación (Prazo de reclamacións: nos dous días hábiles seguintes).

Todas as solicitudes presentadas resultaron admitidas. Lembramos que os libros asígnanse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

OBRADOIRO DE RECUPERACIÓN PARA SECUNDARIA – XULLO/AGOSTO

A concellaría de Educación do concello de O Grove ten previsto realizar uns obradoiros de Recuperación dirixidos a alumnado de ESO. A actividade desenvolverase durante as mañás, de Luns a Venres, nos meses de xullo e agosto de 2021, en horario de 9:00 a 13:00h no Centro da Terceira Idade e co alumnado organizado en grupos segundo os criterios que mellor funcionen considerando as características particulares de cada un.

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

Faise pública a listaxe cos libros de texto para estudar no IES As Bizocas durante o curso 2021/2022.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

AVISOS FINAL DE CURSO

 

Estimadas familias:

1-O martes 22 levarase a cabo a devolución de TODOS OS LIBROS de préstamo, o alumnado terá que traelos e entregalos a primeira hora.Logo, o venres o alumnado que teña materias pendentes para setembro poderá recoller aqueles libros que precisen.

 

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022

Achégase un cartaz cos prazos de matrícula para o curso 2021/2022.

As familias do novo alumnado que se incorpore ao IES As Bizocas para estudar 1º ESO deberán recoller previamente o sobre coa documentación necesaria para formalizar a matrícula a partir do venres 25 de xuño (incluído) en horario de 09:30 h a 13:30h.

Lémbrase que posteriormente para a entrega da documentación xa cuberta (entre o 25 de xuño e o 10 de xullo) deberán concertar cita previa (chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a ies.asbizocas@edu.xunta.gal).

AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2021-2022)

*Adxúntase a solicitude máis un cartaz informativo.

Fondo de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar para 2021/2022

 

No DOG de hoxe, 20/05/2021,publicouse a ORDE do 6 de maio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que regula para o curso 2021/22:

 

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2020/21).

 

b) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO.

 

 

 

 

 

REQUISITOS para poder participar na convocatoria:

 

 

 

- FONDO LIBROS: Pódese solicitarcon independencia da renda per cápita, pero os libros dispoñibles repartiransepor orde inversa á renda, ata que se esgoten, garantindo:

 

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto.

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros de texto.

 

 

 

- AXUDAS MATERIAL: Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (axuda: 50 )

 

 

 

Para calquera modalidade (fondo libros ou axudas material) é IMPRESCINDIBLE devolver os libros de texto, de ter sido beneficiario no curso 2020/21. Cando se vaia rematando este curso avisarase doprazo límite para devolvelos(agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedar co libro correspondente ata que se examine en setembro).

 

 

 

PRAZO de presentación de solicitudes: do 21 de maio ata o 22 de xuño.

 



 

Teñen acceso ao formulario de solicitude na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).

 

Presentaranse preferiblemente por vía ELECTRÓNICA, a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B), empregando calquera mecanismo de identificación e sinatura admitido, como por exemplo: Chave365, DNI electrónico, certificado FNMT.

 

No caso de non dispoñer de ningún medio de identificación e sinatura dixital, poderase presentar a solicitude PRESENCIALMENTE no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros públicos. Para presentala presencialmente no instituto será imprescindible solicitar CITA PREVIA chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a: ies.asbizocas@edu.xunta.gal

 



 

A SOLICITUDE será única para todos os/as fillos/as que estean admitidos/as no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e especificarase o nivel de estudos que se espera que realice cada un deles. Se están admitidos en centros distintos presentarase unha solicitude en cada centro educativo (e no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a).

 



 

PARA CUBRIR A SOLICITUDE LEMBRE:

 

- O primeiro apartado, "Datos da persoa solicitante", cubrirase cos datos do pai ou danai ou da persoa representante legal, quen a asinará,e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto prestados do fondo e o material reutilizable mercados coa axuda. As autorizacións dos restantes membros da unidade familiar (excepto do proxenitor que se indicado como "solicitante"), figurarán no apartado Anexo II do formulario de solicitude.

 

 

 

- Cando a documentación se presente de xeito presencial, achegaranse as fotocopias e os respectivos orixinais, para poder verificar a súa autenticidade. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019 (agás no caso de violencia de xénero).

 

 

 

 

 

- TODAS AS SOLICITUDES teñen que acreditar documentalmente os membros da unidade familiar a 31/12/2019 (co libro de familia e tamén coa sentenza de separación ou divorcio de ser o caso).

 

- LER o arquivo en "pdf" adxunto, que contén un resumo dos requisitos que hai que cumprir para participar nesta convocatoria e mais toda a documentación necesaria e preceptiva que hai que presentar para a tramitación.

 



 

 

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS:

 

- Fondo de libros de texto: A listaxe provisional de alumnado admitido publicarase arredor do día 9 de xullo (para a listaxe definitiva haberá que agardar ata o 15 de setembro).

 

- Vales para mercar material escolar: Porase un aviso arredor do día 9 de xullo informando da tramitación dos vales. (En todo caso, os vales entregaránselle ao alumnado beneficiario a canda os libros de texto, durante os primeiros días de clase do próximo curso).

 

FIN DE CURSO - Entrega de notas e periodo de reclamacións

A entrega de notas farase de modo presencial e a través da plataforma ABALAR o venres 25 de xuño, ás 10:00. Ó alumnado que superase tódalas materias en 1º, 2º e 3ºESO prporcionaráselles o sobre de matrículo para o curso 2021/2022.

Período de reclamacións: venres 25, luns 28 e martes 29 de xuño de 10:00 a 13:00.

 

Distribuir contido