Novas

VALES para LIBROS (2º e 4º ESO) e para MATERIAL (todos os cursos de ESO)

Están tramitadas as axudas para a adquisición de libros de texto (para 2º e 4º ESO) e material escolar (para calquera curso de ESO).

Adxunto a esta entrada publícanse as listaxes co alumnado excluido, todo o demáis alumnado que presentou a solicitude en prazo e non resultou excluido pode pasar polo instituto a recoller o vale para libros e/ou material a partires do xoves 15 de setembro.

 

Inicio do curso escolar 2016/2017

O xoves día 15 de setembro comezan as clases xa no horario habitual, con entrada no instituto ás 08:35h (e saída ás 14:10h*), polo tanto o alumnado deberá traer algún material para poder comezar a traballar (libreta, bolígrafo...).

Recoméndase estar con antelación suficiente nas paradas (media hora antes aproximadamente).

Listaxe PROVISONAL admitidos/excluídos Fondo de libros e concesión/denegación VALES para libros e material

Hoxe, xoves día 14 de xullo de 2016, fanse públicas varias listaxes relativas ao Fondo de libros de texto e ás axudas para mercar libros de texto e material escolar para o 2016/2017:

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO para o curso 2016/2017

 No arquivo adxunto publícase a listaxe de libros de texto para estudar no IES As Bizocas no curso 2016/2017.

 AVISO:

 A mediados do mes de XULLO publicarase:

- A listaxe provisional do alumnado admitido no Fondo de libros (1º e 3º ESO).

- A listaxe do alumnado ao que se lle conceda o vale para mercar libros de 2º e de 4º ESO (do alumnado que xa se matriculou no período ordinario).

Listaxe DEFINITIVA de alumnado admitido para o curso 2016/2017

Publícase a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado admitido para o curso 2016/2017 procedente de centros non adscritos.

Lémbrase que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula para 1ª ESO no noso centro no prazo ordinario: do 27 de xuño ao 11 de xullo.

Listaxe PROVISIONAL de alumnado admitido para o curso 2016/2017

 

Publícase a LISTAXE PROVISIONAL de alumnado admitido para o curso 2016/2017 procedente de centros non adscritos.

 

 

 

 

Cambio do número de teléfono do centro

A Consellería de Educación está levando a cabo unha reestructuración no servizo telefónico dos centros educativos de toda Galicia, o que implica unha nova numeración.

A partires de hoxe os datos de contacto do IES As Bizocas son os seguintes:

- Número de teléfono: 886 151 420

- Número de fax: 886151 427

CONVOCADAS VARIAS BOLSAS PARA ESTUDAR INGLÉS NO VERÁN

 

Convocáronse varias bolsas para estudar inglés no verán de 2016. Lémbraselle ao alumnado interesado en participar nalgunha delas que ten que solicitar unha certificación académica en secretaría.

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN para o CURSO 2016/2017: presentación de solicitudes do 1 ao 29 de marzo.

 

O alumnado doutros centros educativos que desexen incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2016-2017 terán que presentar aquí, do 1 ao 29 de marzo, a súa solicitude de admisión.

Distribuir contido