DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Curso 18-19

MACRO-MUIÑEIRA BARXAS-PARALAIA NO PAVILLÓN

Culmina as aulas impartidas para 3º ESO por Manolo Cobas realizadas durante as aulas de EdFca (Alex). Grazas tamén ao Dpto de Música pola colaboración. Velaí unhas imaxes do evento do 7/6

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 
   O 15 de maio o alumnado de 3º ESO abraiounos coa súa destreza en baile galego. O bailarín Manolo Cobas, nun par de obradoiros, conseguiu pór @s nos@ moz@s a bailar.
 
   Ademais, tivemos a sorte de contar con música en directo. Un grupo de alumn@s, coa colaboración do profesor de música, amenizounos cunhas pezas nas que non faltou de nada, mesmo tivemos coro.
Podes acceder aos vídeos premendo AQUÍ e introducindo a clave correspodente
 
 

 O MELLOR VIDEOCLIP

 
         Este concurso, xa tradicional no noso centro, consiste en escoller o mellor videoclip en galego.
 
         Este ano, foi o alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato do ENDL o encargado de seleccionar os videoclip para votar, xestionar o equipo audiovisual e supervisar a votación nos recreos.
 
         E, ao igual que o ano pasado, voltou a gañar Ezetaerre
                                               desta vez coa canción “Non é verán de Estrella Damm”
 

ENCONTRO EN GUIMARÃES

 


   O alumnado de 1º de ESO do ENDL de As Barxas tivo varias sesións de skype co alumnado do mesmo curso do IES de Mos, onde, por suposto, tiñan que empregar como lingua vehicular o galego. E, por fin, o 24 de maio puideron atoparse sen pantallas, cara a cara, para pasar un marabilloso día na localidade portuguesa.
 
   Sumouse ao encontro algúns/algunhas alumn@s do noso ENDL e alumnado de portugués do IES de Mos.
   En Guimarães visitamos o Castelo e o Paço dos Duques, fixemos un roteiro á busca do casco histórico, subimos ao monte da Penha en teleférico e alí realizamos un percorrido no seu Mini-trem
 
Podes ver máis fotos premendo AQUÍ e metendo a clave correspondente
 
 
 
 

Aviso a navegantes!

Velaí un par de imaxes do desenvolvemento do festival con proxección de dous espléndidos documentos sobre transxénero e coloquio. Noraboa ao alumnado de Plástica de Luz e a tódolxs colaboradorxs!

 

 

 

Este ano o Festival Audiovisual vai ser diferente. Estrearanse os proxectos no Salón de Actos do IES As Barxas e paralelamente estrearanse en aberto online. Será o día 20 de xuño ás 12 h nas seguintes ligazóns de youtube

 

https://youtu.be/s17uWZ3ATm4

https://youtu.be/9nSV1mymlKg

https://educortos.blogspot.com/2019/05persoa.html

O exalumno Hugo Ferreiro González visitou a comezo de curso a aula de plástica para compartir e aprender. Grazas a el puxemos a mirada na realidade TRANS e sentimos a necesidade de visibilizar, compartir, e educar para educarnos, traballando na diversidade para a igualdade e loitando sempre polo dereito a SER

 

Foi o venres 24 cando fixemos a despedida do alumnado de 2º Bach que remata este 2019. Houbo discursos e actuacións no Salón de Actos e uns petiscos no Recibidor. Velaí un par de imaxes

 

Distribuir contido