A visita a Madrid quedou establecida como parte importante das actividades complementarias do departamento de música. Nesta ocasión asistimos a dous musicais: El Rey León e Priscilla, Reina del Desierto. Así mesmo, sempre foi obxectivo fundamental na organización desta actividade aproveitar o desprazamento a Madrid para visitar algún museo (Museo do Prado e Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía), o Zoo-Aquarium ou percorrer os lugares máis emblemáticos da cidade (Madrid das Letras, Madrid dos Austrias...).
Coma tódolos anos, os rapaces viñeron encantados coa viaxe. Consideramos moi importante, polo
tanto,manter esta actividade para os vindeiros cursos.
Os profesores acompañantes foron Alfredo Garrido Navas (Departamento de Música) e Noelia Vallina Pascual (Departamento de Francés).