Skip to Content

Noticias

Eufemismos de cor

21/06/2017 09:00
Etc/GMT+1

Pablo Morano Uris, alumno de 3º, brillante redactando e cunha actitude crítica moi boa, acaba de estrearse como xornalista publicando o artigo de opinión "Eufemismos de cor" en Praza Pública. Podedes ler o artigo aquí

Vai seguir publicando periodicamente.
Parabéns, Pablo!

Parabéns a Diego Pérez por ganar o concurso Galicia, Auga e Literatura

Moitos parabéns a Diego Pérez Rodríguez, de 4º ESO B polo Primeiro Premio en toda Galicia na categoría xuvenil do concurso Galicia, Auga e Literatura, convocado por La Voz de Galicia, e tamén a Miguel González de 1º de Bacharelato polo seu asesoramento e colaboración.

Parabéns ao Mecalia Atlético Guardés, campión da División de Honor

27/05/2017 21:00
Etc/GMT+1

Parabéns a todo o equipo Mecalia Atlético Guardés!!!
Queremos felicitarvos en nome de toda a comunidade educativa do IES A Sangriña, especialmente ás nosas alumnas e ex-alumnas Estela Doiro, Anthía Espiñeira, Inés Hernández, Raquel Lorenzo, Yamila Melo, Ithasia Trigo, Beatriz Rebelo, Daniela, Carolina González, Lucía Lomba, Noa Domínguez e outras moitas rapazas.
Sodes un orgullo para o instituto e para toda a vila, e un referente para todo o noso alumnado. Os soños cúmprense cando se loita por eles.

Concesión do Proxecto K102 para o vindeiro curso

 

Para o vindeiro curso 2017/18 o IES A Sangriña participará no Proxecto Erasmus+ KA102.

Ofertaranse as seguintes bolsas para Lisboa:

  • 3 bolsas para estudantes do Ciclo Medio de Xestión Administrativa para realizar a FCT. 
  • 3 bolsas para estudantes do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes para realizar a FCT.
  • 4 bolsas para estudantes dos Ciclos de Carrozaría e Electromecánica de vehículos para realizar a FCT.
  • 3 bolsas para docentes das tres familias profesionais existentes no centro.
No mes de setembro realizarase o proceso de selección das persoas participantes.
Distribuir contido


by Dr. Radut