Skip to Content

Éxito escolar

Felicitacións para Marco Patiño!

Parabéns a Marco Patiño López, alumno de 2º Bac A que foi galardoado recentemente coa Bolsa Europa.
 
O programa de bolsas Europa é unha iniciativa promovida polo Banco Santander e a Universidade Francisco de Vitoria para potenciar o talento, premiar a excelencia e apoiar a creación de redes de liderado.
 
Un dos seus obxectivos é viaxar ao máis profundo da historia, esencia e ideais da universidade, para espertar no seu futuro alumnado a actitude de verdadeiro universitario. Construir unha rede de universitarios líderes en Europa dispostos a sacar o mellor da institución universitaria e reflectilo na sociedade.
 
Congratulacións unha vez máis!
 
 

VIAXE DIDÁCTICA A ALMAGRO 2018

A pasada semana do 19 ao 23 de marzo, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura levou a cabo un ano máis a saída didáctica a Almagro.
 
O alumnado asistente foi de 1º Bacharelato e os profesores acompañantes foron Beatriz Núñez, Juanra Torres e Denís Vicente.
 
As actividades realizadas foron as seguintes:
 
Luns, 19 de marzo: saída hacia Madrid e asistencia á representación da obra de teatro Corta el cable rojo no Pequeno Teatro Gran Vía.
 
Martes, 20 de marzo: visita ao Museo do Prado, ao casco histórico de Toledo, á sinagoga do Tránsito e á Catedral. Finalmente chegada a Almagro pola noite.
 
Mércores, 21 de marzo: asistencia á representación da obra de teatro El burlador de Sevilla, de Tirso de Molina, no corral de comedias de Almagro.
 
 
 
Visita guiada ao Parque Nacional Tablas de Daimiel

XV VIAXE DIDÁCTICA CLÁSICO-LITERARIA

O pasado luns 19 de marzo, o Departamento de Relixión realizou unha saída didáctica que durou ata o venres 23, coincidindo co final do 2º trimestre.
 
A actividade estivo pensada para o alumnado de 3º ESO C e a profesora acompañante foi María Rodríguez Velasco.
 
O itinerario foi o seguinte:
 
Luns, 19 de marzo: saída hacia Condemios de Arriba (Guadalajara)
Martes, 20 de marzo: por terras do Arcipreste de Hita e do Doncel (Hita, Sigüenza, Atienza)
Mércores, 21 de marzo: Alcalá de Henares e Complutum
Xoves, 22 de marzo: Guadalajara e Torija
Venres, 23 de marzo: mosteiro de San Lourenzo do Escorial
 
 
 
 

Charla: Que ten que ver a química con nós?

09/02/2018 11:05
09/02/2018 11:55
Etc/GMT+1

O venres da semana pasada, día 9, o alumnado de 1º Bacharelato A e 2º Bacharelato A e B (só o alumnado que cursa a materia de Física e Química) tivo a sorte de asistir á charla Que ten que ver a química con nós? Produtos naturais, fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía... que foi dirixida por Ricardo Riguera Vega e organizada en conxunto polo departamento de Física e Química e o de Orientación.

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Ricardo Riguera é tamén investigador no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. Na actualidade a súa investigación está dirixida hacia a aplicación biomédica.

A actividade realizouse durante a cuarta hora da mañá no salón de actos do IES A Sangriña.

 

 

Felicidades a Amaya Vicente Pérez!

Parabéns a Amaya Vicente Pérez, alumna de 4º ESO A que foi galardoada recentemente coa bolsa Amancio Ortega.

O programa de bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a rapaces e rapazas de institutos e colexios españois durante un ano académico. Os alumnos e alumnas seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato). A bolsa cubre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización, validación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e apoio continuado durante os dez meses de estancia.

Felicidades unha vez máis!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut