Skip to Content

Portugués

Departamento de portugués

Na companhia de Sophia

O pasado venres día 15, o alumnado de portugués do IES A Sangriña asistiu á representación da peza de teatro Na companhia de Sophia, organizada no Instituto Politécnico de Vigo polo Instituto Camões. Ademais asistir á representación da peza realizada polos actores de Caixa de Palco, os nosos alumnos e alumnas participaron de outras actividades como a presentación da figura da escritora Sophia de Mello Breyner a través dun vídeo do que foron os protagonistas, o recitado de poemas ou a realización de debuxos para a confección dun mural colectivo.

Na organización do evento por parte do Instituto Camões tivo especial protagonismo a nosa lectora de portugués, Isabel Gonçalves, que sempre nos facilita o acceso a este tipo de eventos.

Deixámosvos á continuación a sinopse da peza: Vamos contar-vos uma história… Aliás, vamos contar-vos várias histórias, dentro de uma só história! Vamos fazer uma Viagem até à Dinamarca, partimos da Praia e juntamente com o Homero apanhamos boleia com os Três Reis do Oriente, depois de dobrarmos o cabo Bojador, paramos para O Jantar do Bispo, onde ajudamos um bom Homem a encontrar o seu percurso, através de um Retrato sobre as dificuldades e belezas da vida humana.

-----------------------------------------------

VISITA Á ESCOLA DE DESPORTO E LACER – UNIVERSIDADE DO MINHO

O pasado luns 11 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado do profesorado de Lingua Portuguesa (Carmen Saborido) e Educación Física (Susana Salvador e Amalio Verd), visitou a Escola de Desporto e Lacer da Universidade do Minho, en Melgaço (Portugal). Realizaron un percorrido polas instalacións e participaron en varias actividades: unha sesión de aerobic, xogos cooperativos e tests de forza de salto e de velocidade de lanzamento de bóla de béisbol.

Alumnado do centro obtivo o DEPLE e o DELF (B1)

Este curso, algunhas alumnas e alumnos de Portugués e Francés, animados polo profesorado que imparte estas materias, presentáronse ás probas libres para obter o B1.

Os alumnos Alex Rodríguez Guisantes, David Domínguez Vasconcellos, Miguel Moreira Rodríguez, Alberto Romeu García e Raúl Méndez García acudiron este curso acompañados polo seu profesor Alberto Viso Outeiriño aos exames libres. Superaron con moito éxito as probas do Instituto Camões, Universidade de Lisboa e o Ministéiro de Negócios Estrangeiros de Portugal para a obtención do DEPLE, equivalente ao B1 no marco de referencia europeo para o coñecemento de linguas estranxeiras. As notas dos nosos rapaces estiveron entre o notable e o sobresaliente.

Asemade, examináronse por libre do DELF, proba equivalente ao B1 de lingua francesa, Víctor Adrover Amado, Gonzalo Español Alonso, Claudia Gómez Lomba, Diego Lima González e Sandra Martínez Alonso, acompañados pola súa profesora Rosalina Domínguez Muíños, quen os preparou durante o curso para este exame.

Muitos parabéns e félicitations a este grupiño de alumnas e alumnos! E, por suposto, tamén aos seus profesores Alberto Viso e Rosalina Domínguez, quen prepararon e acompañaron a este grupiño de rapazas e rapaces!

Na foto, o alumnado no exame de francés. 

Visita á Escola de Desporto e Lazer de Melgaço

Neste trimestre tivo lugar a visita á Escola de Desporto e Lazer da Universidade do Minho (Melgaço, Portugal). Foi unha saída didáctica organizada conxuntamente polos departamentos de Portugués e Educación Física para 1º de Bacharelato, e permitiu ao noso alumnado coñecer outras posibilidades formativas no país veciño. Durante a xornada, visitaron as instalacións, practicaron aeorbic, orientación... e tamén recibiron unha charla orientativa sobre os estudos que ofertan.

Distribuir contido


by Dr. Radut