Skip to Content

Portugués

Departamento de portugués

25 DE ABRIL

O estudantado de portugués realizou unha exposición colectiva de carteis, debuxos e composicións para conmemorarmos o 25 de abril, día da Revolução dos Cravos. 25 de abril, sempre!

FOTOGRAFÍA GANADORA DO CONCURSO “A LUSOFONÍA VISTA DESDE A GUARDA”

Xa temos ganador do Concurso "A lusofonía vista da Guarda"! Trátase de Miguel Moreira, de 2º de Bacharelato, que foi escollido pola súa fotografía da costa iluminada de Caminha durante o amencer, coa lúa brillante no ceo... Moitos parabéns!!

PASEO FOTOGRÁFICO

O Departamento de Portugués do noso instituto comezou o mes de maio cunha actividade ao aire libre, agora que tanta falta nos fai o contacto coa natureza. O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato gozaron de cadanseu paseo á zona da Pasaxe para participaren nun safari fotográfico, onde tiñan que localizar as poboacións da beira portuguesa e fotografar vocabulario estudado nas aulas.

A LUSOFONÍA VISTA DA GUARDA

Distribuir contido


by Dr. Radut