A finais de xaneiro, o equipo da Biblioteca e o Grupo de Igualdade organizaron a “Semana da Ilustración”. Ao longo deses días leváronse a cabo pequenas exposicións en diferentes ubicacións do centro, relacionadas con ilustradores, personaxes de distintos libros, celebración das efemérides nas que se puido visibilizar o papel das mulleres, etc. As actividades que se fixeron foron as seguintes:
22 de xaneiro: asistencia á proxección da película de animación Coco do alumnado de 1º e 2º ESO.
27 de xaneiro (de 1832): nace Lewis Carroll. Exposición de diferentes edicións de Alicia no país das marabillas.
28 de xaneiro (de 2002): morte de Astrid Lindgren, autora do libro Pipi Mediaslongas. Presentación da edición do libro que a editorial Kalandraka vén de publicar en lingua galega.
30 de xaneiro (de 1886): nace Castelao. Exposición das súas ilustracións.