Skip to Content

Fabricamos biodiésel a partir de aceites e graxas usados na cociña

Na materia de Física e Química de 3º de ESO realizamos a experiencia de transformar graxas e aceites usados na cociña en biodiésel.

Creación, coidado e aproveitamento da nosa horta ecolóxica e coidado do xardín naturista

O proxecto de traballo no xardín naturista e de creación da propia horta ofrécese coma unha actividade de carácter extraescolar dirixida a todo o alumado que queira participar.Ao longo do curso, un grupo de 20 alumnos e alumnas de diferentes cursos da ESO, quedan os venres pola tarde coas profesoras Pilar Carro Loureiro, Asunción Fernández e María Luísa Guerra Cañizo para crear e manter a nosa horta.

Árbore das linguas.

17/06/2013 08:20
21/06/2013 14:00
Etc/GMT+2

Viaxe a Allariz.

07/05/2013 08:30
08/05/2013 20:30
Etc/GMT+2
Alumnado de 3º e 4º da ESO, principalmente integrante do Comité Ambiental do centro, participou na actividade do Proxecto Terra Intercambio Territorial As Corcerizas-Allariz os pasados días 7 e 8 de maio de 2013, acompañados por dous profesores do Departamento de Xeografía e Historia e unha profesora de Plástica.

Proxecto Ríos. Reportaxe.

03/06/2013 08:20
03/06/2013 14:00
Etc/GMT+2


O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía, e en concreto o noso alumnado, na conservación dos ecosistemas fluviais, desenvolvendo os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente.

O alumnado que participou nesta actividade foi o de 2º de ESO (Ciencias da Natureza). O profesorado implicado foi o do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía. O río escollido para a actividade é o Carballas, da conca hidrográfica do Miño-Sil, no punto concreto coñecido como Ponte de Refoxos, parroquia de Loureza, no concello de Oia (Pontevedra). A actividade levouse a cabo o pasado día 3 de xuño de 2013. Os resultados do estudo amosan una calidade da auga BOA.

Unha experiencia inesquecible!

O alumnado de 4º ESO investiga na Universidade de Vigo.

22/05/2013 15:00
22/05/2013 20:00
Etc/GMT+2

O alumnado de 4º de ESO, participante neste curso 2012-2013 no proxecto “Un mar de coñecemento”, no marco dos Contratos-Programa, desprazouse ao Laboratorio de Sedimentoloxía, dirixido polo profesor Dr. Miguel Ángel Nombela do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo. O alumnado realizou tres actividades prácticas co obxectivo de caracterizar os sedimentos de tres praias de A Guarda.

Para saber máis, aquí.

Gañadores e gañadoras do VII Certame de Poesía Xela Arias.

21/06/2013 19:30
21/06/2013 21:00
Etc/GMT+2

PREMIOS DO VII CERTAME DE POESÍA XELA ARIAS

Categoría A (de 12 a 15 Anos)

Primeiro premio: 150 € e publicación
Laura Espiño Dos Santos IES Nº 1 A Estrada

Segundo premio: 100 € e publicación.
Daniel García Outón, Colexio Obradoiro. A Coruña.

Categoría B (de 16 a 20 anos)

Primeiro Premio: 200 € e publicación.
Marcela Porto Mato, Colexio M. Peleteiro. Santiago.

Segundo premio: 150 € E Publicación.
Marcela Porto Mato, Colexio M. Peleteiro. Santiago.

Terceiro Premio: 100 € e publicación.
Claudia Cives Caamaño, IES Virxe Do Mar. Noia.

Os premios entregaranse o venres, 21 de xuño de 2013 ás sete e media da tarde no Centro Social Fuscalho. No acto literario ofrecerase unha aproximación á obra de Xela Arias e tamén se darán a coñecer os poemas dos mozos e mozas gañadores desta edición. As persoas asistentes recibirán un agasallo poético.

“Un mar de coñecemento” nas Illas Cíes. Maio de 2013.

27/05/2013 00:00
27/05/2013 20:00
Etc/GMT+2

O pasado 27 de maio o alumnado que participa no proxecto “Un mar de coñecemento” realizou unha visita didáctica ao Parque Nacional Marítimo–Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Foi unha xornada de traballo moi intensiva que incluía os seguintes obxectivos: recoñecemento das especies máis características do intermareal rochoso atlántico, coñecemento da flora dunar e observación das colonias de aves mariñas que aniñan no arquipélago das Illas Cíes, ademais de valorar a importancia de preservar as illas atlánticas debido a súa riqueza biolóxica.

Premer aquí para saber máis.

Banco de libros de texto.

A ANPA do IES A Sangriña está a organizar un banco de libros de texto para o este curso 2013-2014. Todos os documentos están dispoñibles no blogue da ANPA, ao que podedes acceder premendo aquí.

Encontro de alumnos e alumnas en Terni (Italia). Reportaxe.

09/02/2013 00:00
15/02/2013 22:00
Etc/GMT+2
Entre as actividades do Comenius Mulitlateral sobre a estratexia europea ET2020, celebrouse este curso 2012-2013 un encontro de alumnos no IM Francesco Angeloni de Terni, no que participaron catro alumnos de 1º de Bacharelato que compartiron as actividades que amosa o vídeo con alumnos de Portugal, Polonia, Bélxica e Italia.

Distribuir contido


by Dr. Radut