Ciencias Sociais

Let's swing

Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B da materia de Xeografía e Historia realizaron unha investigación sobre a música jazz e o baile swing na primeira metade do século XX e realizaron unha recreación da vestimenta, accesorios, estilo e baile da época. Esta actividade encádrase no programa Educación patrimonial do Plan Proxecta, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Nestas fotos podedes ver como recrearon o estilo dos mozos e mozas do período de entreguerras. Tamén podedes premer aquí para ver un vídeo explicativo sobre Louis Armstrong, e aquí para ver unha coreografía interpretada polo alumnado. Moitos parabéns polo excelente traballo e por manter vivo o patrimonio material e inmaterial da época.

Ademais, os alumnos e alumnas participaron nun obradoiro de baile swing impartido polo bailarín Carlos Tomico, da Academia Alfaia, de Santiago de Compostela.

Intercambio territorial a Guimarães

Os días 2 e 3 de maio, os alumnos e alumnas de 4º de ESO A e B da materia de Xeografía e Historia participaron no Intercambio territorial a Guimarães ofrecido polo Proxecto Terra.

O intercambio territorial ten como obxectivo achegar á mocidade ao patrimonio e cultural de Guimarães. 

O día 2 de maio, o alumnado visitou a Citânia de Briteiros, o Mosteiro de Souto São Salvador, O Monte da Penha, e o Centro de ciência viva.

 

O día 3 de maio, os alumnos e alumnas visitaron a cidade patrimonio da humanidade de Guimarães. O percorrido comezou na zona de curtidorías tradicionais da que formaba parte a pousada na que estaban aloxados e continuou coa visita á zona antiga da cidade onde participaron nun xogo de descoberta do centro histórico. Finalmente o grupo achegouse ao pazo de Bragança e visitou o Castelo de Guimarães.

Distribuir contido