Skip to Content

25 N - Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

    Estes días, toda a Comunidade Educativa do noso centro mobilizouse para, entre todos, achegar o noso granciño de area a un acto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

    Primeiro, os alumnos de Segundo de Bacharelato prepararon o vídeo "E se fose a túa nai?" para sensibilizar ante este grave problema.

   Ademais os alumnos de Primeiro de Bacharelato serviron de monitores nuns obradoiros de igualdade de xénero, onde os alumnos de 1º e 2º da ESO puideron practicar habilidades da vida cotiá saltándose os roles de xénero: mecánica, costura, electricidade, ferro, cociña, bricolaxe...

 

Para finalizar a xornada, tras a lectura de varios poemas moi emotivos, todos gardamos 1 minuto de silencio.

Porque desde o IES A Basella non queremos #ninunhamenos

 



page | by Dr. Radut