Presentación del Consorcio FP Ourense-Europa
O pasado 24 de setembro os directores e coordinadores de Programas Internacionais do IES 12 de Outubro e dos CIFPs A Farixa, Portovello e a Carballeira presentaron a sociedade ourensá o Consorcio por eles constituído. Este acto estivo presidido pola xefa territorial de Educación, dona Mercedes Gallego.
A directora do IES 12 de Outubro, dona Susana Osorio, explicou que a constitución diste Consorcio persigue varios obxectivos:
. facilitar aos estudantes, aos post-graduados e ao persoal docente dos centros o acceso a unha mellor formación no ámbito da UE.
. favorecer o acceso doutros centros da UE aos nosos institutos.
. situar a Ourense no marco de experiencias de mobilidade europea, para o ámbito da formación profesional de grao superior.
Os beneficiarios terán a oportunidade de gozar dunha experiencia formativa no ámbito laboral da UE, perfeccionar o coñecemento doutra lingua, descubrir outras culturas e modos de vida e aumentar as súas oportunidades de empregabilidade.
Así mesmo, explicou que os tipos de actividades de mobilidade que se levarán a cabo son dous:
a) Mobilidades de estudantes para prácticas (3 meses): inclúen:
- Por un lado, estudantes matriculados en segundo curso dun ciclo formativo de grao superior: son actividades que se corresponden coa realización do módulo de FCT (formación en centros de traballo) necesario para a obtención do título correspondente.
- Por outro lado, inclúen as prácticas para recén titulados, de cara a iniciar experiencias laborais e aumentar as súas oportunidades de acceso ao mercado de traballo.
b) Movilidades de persoal para formación (5 días).
Os centros de destino serán centros educativos de formación profesional e/ou empresas, que desenvolvan actividades formativo-laborais nos sectores produtivos relacionados coas familias profesionais ofertadas nos centros educativos membros do consorcio.
Estas movilidades teñen unha dobre finalidade: a mellora de competencias profesionais dos docentes e a selección de centros de prácticas noutros países da UE para o noso alumnado.
A presentación do consorcio en prensa
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/09/24/cuatro-centros-fp-superior-ofrecen-practicas-europa/00031411589916851914684.htmhttp://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/09/25/profesores-alumnos-cuatro-centros-fp/1100082.html
Concesión Carta Erasmus
Plan de convivencia
O Plan de Convivencia debe propiciar cambios positivos nos modelos de organización escolar, nos currículos, no profesorado, na formación permanente deste, no alumnado, nas relacións coas familias; é dicir, no contexto xeral dos centros escolares, concíbese como un instrumento destinado a facer dos centros educativos un espazo para a aprendizaxe da resolución pacífica dos conflitos e da convivencia democrática.
Carta Erasmus ECHE 2014-2020
Pincha en los archivos adjuntos para ver la Carta ECHE 2014-2020 y la Declaración de Política Erasmus del IES 12 de Outubro
NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO
No arquivo adxunto tedes dispoñible o Novo Regulamento de Réximen Interno do noso IES, onde se regulan aspectos como as normas de convivencia, dereitos e deberes do alumnado e o réximen disciplinario, entre outros.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15