Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Equipos de centro

Imaxe de teresa

NADAL SOLIDARIO

NADAL SOLIDARIO

Outro ano máis, imos levar a cabo o Nadal Solidario coa recollida de alimentos non perecedoiros.

A todas aquelas persoas interesadas en colaborar poderán deixar as súas doazóns na súa correspondente escola, os días 14 e 15 de decembro de 9:00 a 14:00.

Todas as doazóns repartiranse entre Cáritas Interparroquial de Bergantiños e Cruz Vermella Carballo.

 

 

           

 

Imaxe de teresa

25 DE NOVEMBRO

Nas escolas do C.R.A. conmemoramos o 25 de novembro e o rexeitamento á violencia.

Fixémolo traballando e reflexionando sobre o conto "Artur e Clementina"

 

Ademais, a través da obra de Oswaldo Guayasamín, centrámonos na expresión non verbal e a súa relación coas emocións; comprobando que as mans tamén "falan" e, en ocasións, son máis expresivas que as palabras.

 

 

 

    

 

 

   

 

 

 

Imaxe de AnaFernandez

MAGOSTO 2021

O venres 29 de outubro celebramos nas diferentes escolas a festa do Magosto.

Comezamos a maña realizando diferentes obradoiros de outono: figuras con millo, castañas, follas, landras..., luces e sombras con follas, pintura artística de outono con acuarelas, búsqueda de tesouros de outono, mural pintando con pinas, castañas, landras, ramas..., pintar follas, debullar o millo, xogo do 3 en raia con froitos de outono...

Ademais, durante a semana, nalgunhas escolas xa estiveron traballando a figura popular do espantallo e incluso construiron algúns que remataron este día e quedaron moi fermosos.

Merendamos como non podía ser doutra maneira unhas deliciosas castañas asadas.

Nalgunhas escolas incluso as asaron alí, foi marabilloso!!

Gozamos de tempo de lecer e para rematar a maña queimamos os nosos medos, os cales traballamos durante toda a semana para así convivir dunha mellor maneira con eles.

Grazas a todas e todos por pasar un día tan fermoso de magosto!!!

 

Imaxe de AnaFernandez

CEMITERIO DE CONTOS

Durante a semana do Samaín as nenas e nenos atoparon nas súas escolas un "Cemiterio de Contos".

Os pobres contos morreran en diferentes circunstancias, e os rapaces tiñan a misión de resucitar un conto cada día da semana. 

Para que o conto puidera voltar á vida tiñan que lelo e pronunciar o conxuro máxico resucita-contos con moita enerxía. 

Ao final da semana todos os contiños volvían a estar na biblioteca sanos e salvos.

Con esta actividade, as nenas e nenos descubriron e gozaron de  historias de monstros, bruxas, lobos, cabazas... e aproveitaron para falar dos seus medos a diferentes cousiñas e así poder aprender a convivir dunha mellor maneira con eles. 

 

Imaxe de AnaFernandez

ÁLBUM

 

Este ano rematamos os álbums que tiñamos pendentes do curso anterior. 

Quedaron moi bonitiños, e as nenas e nenos levan un fermoso recordo do seu curso escolar, actividades, compañeiros, experiencias, risas, momentos...

Distribuir contido


by Dr. Radut