Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Equipos de centro

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO

 

Nesta época participaríamos e visitaríamos o Salón do Libro de Carballo, organizado polo concello xunto coa ASPG e adicado este ano ao tema do humor.

Coma as circunstancias que estamos a vivir non nos permiten asistir e non queremos que os nenos e nenas perdan actividades tan interesantes como contacontos, concertos, obradoiros... Ao longo das dúas próximas semanas teredes na web unha actividade diaria para que gocedes en familia dende a casa. Todo grazas ao Salón do Libro de Pontevedra (www.salondolibro.gal).

Así que a primeira actividade que vos recomendamos hoxe é un breve e divertido "Concerto en Zapatillas" de Pablo Díaz e Olga Kirk. Esperamos que o pasedes moi ben e cantedes e bailedes xuntos.

https://youtu.be/yRmMMonXElE

 

 

Imaxe de AnaFernandez

TEMPO DE ENTROIDO GALEGO

 

Durante a semana do entroido, nas aulas das diferentes escolas do CRA traballaron, investigaron, xogaron, crearon... en definitiva,  aprenderon un montón de cousas sobre o noso Entroido Galego, tan fermoso e especial. 

Viva o Entroido!!

Imaxe de AnaFernandez

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

 

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, todo alumnado e profesorado fixemos este fermoso vídeo recitando a poesía "Adiós ríos, adiós fontes".

Nas aulas tamen aprendimos moitas cousas sobre esta muller tan especial e importante.

 

 

Imaxe de AnaFernandez

FESTA DO ENTROIDO

O venres celebramos no Mercado Municipal de Carballo a festa do entroido. 

Comezamos a maña cun desfile choqueiro polas rúas de Carballo tocando e bailando.

A continuación merendamos e para finalizar gozamos dunha chea de actividades moi divertidas como construción con elementos naturais, decoración de antefaces, xogos nas mesas de luz, taller de cociña,...

Que ben o pasamos!!

 

Imaxe de teresa

ENTROIDO 2020

 

FESTA, FESTA,...!! QUEREMOS FESTAAAA...!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut