Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Rega

Imaxe de MaríaLopez

Qué vai pasar coas flores!

Esta vez o experimento foi de flores. Queríamos que as nenas e nenos descubriran como as plantas necesitan a auga para vivir, así como aprender que unha acción ten unha reacción, o paso do tempo, observación, recollida dos datos observados...

Neste caso utilizamos unha cala recollida na nosa saída primaveral e dúas caléndulas. Mezclamos auga e colorante (vermello, azul e verde)  nos nosos vasos de precipitado, vertemos as tres mezclas nas probetas e deixamos as flores toda a finde semana. O luns observamos o que acontecera e recollimos os datos da observación. 

           

 

 

 

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN CON TUBOS E CORDINOS



A semana pasada en educación física atoparon unha instalación con tubos de cartón de diferentes tamaños e cordinos.

Os nenos e nenas a través do descubrimento, experimentación e creatividade foron construindo diferentes xogos e actividades (construccións, experimentaron co son dos tubos, fixeron torres, pulseiras e colares, convertíronse en loitadores,...) tanto individuais coma grupais, fomentando así unha aprendizaxe libre e autónoma. 

O pasaron moi ben!

 

Imaxe de MaríaLopez

Arco da Vella de Luz

As cores do arco de vella desta vez as descubrimos a través dun xogo de luces. Ás pezas de Lego da escola lle incorporamos unha luz led e simulamos o Arco da Vella. 

Presentación en Gran grupo e logo tan solo queda xogar e modificar.

 

 

Imaxe de MaríaLopez

Saída á contorna

Este xoves, e acompañados de Amelia, saímos á dar unha voltiña á nosa contorna. O que ía ser un paseo para recoller flores e elementos da natureza, resultou ser moito máis, vimos o despertar da primavera en toda a súa plenitude. Gracias ao cariño dos nosos veciños, Joaquín e Evangelina, que nos abriron a súa casa e nos ensinaron como os animales senten a chegada do bo tempo co nacemento das súas crías: ovellas, coellos e pitiños. Gracias por crear momento únicos. 

 

                           

 

                      

 

Imaxe de MaríaLopez

Bingo!

Escoitar, atender, concentrarse, identificar, saber esperar, respetar, a sorte, saber perder, e sobre todo pasar un anaquiño moi divertido, todo esto foi o que fixemos nun anaquiño adicado ao bingo da primavera. 

Benvida primavera!

Distribuir contido


by Dr. Radut