Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

REVISTA EDUGA

Na revista EDUGA publicouse un artigo educativo sobre o noso centro. Baixo o título de "Formación e emoción transforman a educación rural" describimos o proceso de cambio de paradigma educativo que experimentamos no C.R.A. Ponte da Pedra e o compromiso dunha comunidade educativa que respalda esta iniciativa. Podedes ler o artigo no enlace vinculado ao título.

Imaxe de teresa

AMPLIACIÓN DO PRAZO AXUDAS DO CONCELLO DE CARBALLO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O Concello de Carballo ampliou o prazo de presentación de solicitudes da Convocatoria de  Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Consevatorio Profesional de Música de Carballo. Curso 2019-2020 que convoca o Concello de Carballo, ata o 10 de xullo.

Máis información prema aquí.

 

Imaxe de teresa

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020 - 2021

LISTAXE DE ADMITIDOS

Xa está publicada a lista provisional de admitidos na sede do C.R.A. Ponte da Pedra.

Poderedes consultar esta información chamando ao teléfono

981 703 403 ou acudindo á sede.

Tamén se pode consultar a listaxe a través da aplicación admisiónalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

Imaxe de teresa

RECOLLIDA DE LIBROS E MATERIAIS

Segundo a Resolución,do  22-05-2020, da CEUFP pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centro de ensino non universitario dependentes da Consellería, determina no seu artigo 4.1: Os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as.

Polo tanto:

- As titoras organizarán os días e as quendas de recollida do material e libros de texto en cada escola.

- Só poderá acudir unha persoa por familia.

- Non poderán vir acompañados das nenas e nenos.

- Será obrigatorio o uso de máscara de protección, se non se pode manter a distancia mínima de 2 m., e a desinfección das mans con xel hidroalcólico, se se vai acceder ao interior da escola.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut