Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Recomendámosche

Imaxe de Jesus

Excursión á Biblioteca Rego da Balsa

O luns 29 de outubro, co obxectivo do fomento e animación á lectura, e convidados pola Biblioteca Municipal do Concello de Carballo “Rego da Balsa”, realizamos unha excursión na que visitamos a biblioteca, e asistimos a unha representación “Ratiños de Lonxedetodo “ do grupo “Trinke Trinke”.

Imaxe de teresa

ADQUISICIÓN DE NOVOS TÍTULOS.

Ao longo deste curso, adquiriremos novos títulos para a nosa biblioteca, ademais de repoñer, na medida do posible, aqueles fondos bibliográficos que estén moi deteriorados.

Todos estes títulos entrarán en circulación polas escolas tan axiña como sexa posible.

Sirvan estes de adianto.

 

Imaxe de teresa

TAN TAN...

Xa hai uns días que o outono entrou nas nosas vidas; aínda que climatoloxicamente non o pareza.

A nosa mascota Antón, pensou en agasallarnos cuns fermosos versos de Federico García Lorca sobre esta estación dourada.

 


 

Con estes fermosos versos, recomendarvos esta recompilación de 12 poemas de García Lorca, ilustrados por Gabriel Pacheco.
Vémonos...!!!
Imaxe de teresa

BENVIDOS A UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA DO C.R.A.

 

 

Antón, desde a biblioteca do C.R.A. Ponte da Pedra,

dávos a benvida a un novo e emocionante curso!!

Axiña comezarán os empréstitos dos libros nas nosas escolas!!!

Antón continuará agasallando cun miniconto a todas aquelas nenas e nenos que lle amosen o oco do primeiro dente caído: o dente, para Ratiño Pérez e para o oco, a lectura dun conto.

Ata a próxima entrada...

 

 

 

Imaxe de teresa

LECTURAS DE VERÁN

Chegado o momento de coller as vacacións de verán, faise preciso facer unhas suxerencias de lectura para disfrutar no noso tempo de lecer.

Agardamos que vos gusten.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut