Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Física

Imaxe de Jesus

Remate das Clases - Día do Deporte

Imaxe de AnaFernandez

EDUCACIÓN FÍSICA PREHISTÓRICA

 
Aproveitando que nalgunhas escolas estaban traballando sobre a prehistoria e que imos de excursión de fin de curso ao dolmen de Dombate, nas clases de educación física fixemos xogos, actividades e bailes prehistóricos.
 
Convertímonos en trogloditas e cazamos mamuts, bisontes, dentes de sable,.... pescamos, fixemos pinturas rupestres en covas, carreiras de rodas, recollimos froitos, refuxiámonos en covas, loitamos, bailamos arredor do lume, xogamos ás estatuas rupestres, construímos dolmens,....
 
O pasamos en grande como podedes ver no video e aprendimos moitas cousas novas e divertidas.
Imaxe de AnaFernandez

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

 
As dúas ultimas semanas nas clases de educación física fixemos xogos populares e tradicionais galegos. Descubrimos e practicamos moitos xogos que xa facían os nosos avós, avoas, pais e nais cando eran pequenos.
 
No video podedes ver todo o que aprendimos e a cantidade de xogos que estivemos practicando como a mariola, corda, chapas, canicas, torres de mazorcas e pinzas, tira do pau, alturiñas, carreiras de sacos, ferrón, bolos, a raia, as bolas,... O pasamos moi, moi ben!!
Imaxe de AnaFernandez

XOGOS RECICLADOS

 
Esta semana, aproveitando que era o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor nas clases de educación física aproveitamos para falar da importancia de mercar cousas con moderación e que ademais hai moitos obxectos que despois de utilizalos podemos reciclalos ou aproveitalos para darlles outros usos.
 
Así, que estivemos xogando con obxectos de uso cotiá (botellas de auga, rollos de papel hixiénico, xornais, pratos e vasos de prástico,...) que pódenos servir para facer xogos do mais divertido como construir torres, pescar peixes, encestar avións, bolos, raquetas,...
 
No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos e canto disfrutamos con estes xogos tan novedosos.
Imaxe de AnaFernandez

XOGANDO CON POMPÓNS

 
Esta semana nas clases de educación física xogamos con un material diferente e novedoso, pompóns.
 
Descubrimos a cantidade de xogos e actividades divertidas que podemos facer con este material tan sinxelo de construir.
 
Neste video vos deixamos a proba do ben que o pasamos, a cantidade de cousas que fixemos e canto nos divertimos!!!
Distribuir contido


by Dr. Radut