Estes días aproveitamos para falar sobre as familias, os diferentes tipos, a importancia delas nas nosas vidas e da nosa importancia propia como parte delas. Fixemos tamén un agasallo para os nosos pais que tanto o merecen. Feliz día!
O venres 1 de marzo unímonos a voz de Greta, que tódolos venres conciencia sobre o coidado do noso planeta. En Xoane estamos nun proceso de cambios e de abrir mentes polo que quixemos trás coñecela, unir as nosas voces as de milleiros de persoas no mundo.
O último dos seres vivos que nos quedaba por ver somos nos mesmos. Aproveitamos para coñecernos por fora e por dentro a vez que nos situamos na nosa contorna e no mundo. Leonardo Da Vinci, comportiu con nós a súa fascinación polo corpo e contaxiounos da súa curiosidade ...Sen darnos conta xa dimos pé a comezar unha nova aventura de inventos e máquinas simples (pero ese capítulo xa volo contaremos máis tarde)
Aproveitando a ocasión achegámonos a poesía. Tras coñecer algúns datos da vida de Rosalía e da súa obra creamos os nosos primeiros versos. Foron uns pareados moi ben rimados. Para recordar este día fixemos un móvil para o noso xardín e unhas pulseiras para a nosas casas.
COMENTARIOS
hai 3 anos 12 semanas
hai 4 anos 19 semanas
hai 4 anos 19 semanas
hai 4 anos 19 semanas
hai 4 anos 19 semanas
hai 4 anos 19 semanas
hai 4 anos 19 semanas
hai 4 anos 19 semanas
hai 4 anos 19 semanas
hai 5 anos 48 semanas