Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

NATUREZA

Imaxe de Emilia

Un agasallo inesperado!!

O avó de Izan traballou todo o fin de semana construindo unha casiña para paxaros que nos encantou. Neste tempo imola empregar como comedeiro... pero pode que na vindeira primaveira algunha familia de paxaros quera instalarse nela. Esperemos que lles guste tanto como nos gustou a nos. Moitisimas grazas! Este avó esta feito un artista!!

                     

                        

Imaxe de Sandra

ANDY GOLDSWORTHY EN COLABORACIÓN COA NATUREZA ( PARTE I) ACTIVIDADE CADERNO DE BITÁCORA

 

Xa fai anos atrás Rousseau dixo " Hai un libro aberto sempre para os ollos: a Natureza",

a través desta cita queremos enfatizar na importancia que ten o contacto ca natureza para os cativos e cativas dende idades temperás.

Como ben sabedes as familias neste trimestre empezamos a traballar aspectos relacionados coa natureza a través do noso "Caderno de Bitácora", onde recollemos todas as aprendizaxes que facemos na escola no día a día.

A natureza é algo que nos intriga, fainos pensar, axúdanos a resolver hipóteses, axiliza o gusto polo próximo, sensibiliza os sentidos, chámanos a atención...

Como cita Richar Louv no seu libro "Los últimos niños en el bosque", debemos salvar os nosos fillos do trastorno por Déficit de natureza, con isto fai referencia a importancia do día a día co contacto ca natureza por exemplo: acampar no xardín, andar en bicicleta polo monte, trepar polas árbores, coller insectos, recoller flores , correr entre moreas de follas do outono..., xa que estas cousas son das que están feitos os recordos da infancia.

ALGO DO QUE OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE CANCES ESTÁN TOTALMENTE DE ACORDO

E QUE POR SORTE PODEN FACER MOI AMIUDO CAS SÚAS FAMILIAS

 

Despois de manter varias conversas na aula cos nenos e nenas sobre as cousas que facían na natureza no seu día a día, empezamos a ver varias obras de Andy G. para poder ver outra forma de traballar dun artista que emprega elementos naturais nas súas obras e fai moito fincapé no LAND ART ( termo de Walter de María) que significa arte da natureza.

Algunhas das súas obras visionadas na escola foron:

 

 

Despois de comentar estas obras entre todos e todas comezamos a pensar en como poder representar algo semellante no noso contorno, e empezamos:

 

 

 

A próxima semana seguiremoS facendo e mostrando máis actividades con obxectos da natureza e do Outono tendo como referente ao grande ANDY GOLDSWORTHY.

Imaxe de Monica

UNHA NOVA COMPAÑEIRA NO PATIO

Hoxe no patio atopamos un insecto que non coñecíamos. Aproveitando o interese dos nenos/as buscamos en internet de que animal se trataba: "Unha COCHINILLA" 

Primeiro observámolo para despois ler a información:

- Con el elaborase colorante que empregamos na cociña.

- Os machos teñen ás e as femias non (volvimos a observalo para saber se o noso era macho ou femia).

- As femias teñen unha bolsiña pequeniña, como os sacos dos canguros.

- Aliméntase da savia das plantas nas que vive (aprendimos este novo termo).

Algúns querían invitalo a pasar a aula para telo con nós, xa lle estaban botando herba e incluso Mario dixo que iba a por auga pero chegamos a conclusión que onde mellor podía estar era onde o atopou Xabi.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut