Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Rega

Imaxe de MaríaLopez

Bingo!

Escoitar, atender, concentrarse, identificar, saber esperar, respetar, a sorte, saber perder, e sobre todo pasar un anaquiño moi divertido, todo esto foi o que fixemos nun anaquiño adicado ao bingo da primavera. 

Benvida primavera!

Imaxe de MaríaLopez

Rematando

Rematamos un Proxecto e recordamos todo o que aprendemos. Só nos quedaba o broche final; vestirnos para viaxar ata a Antártida, aínda que como dicía algún mentras se vestía "Profe, esta roupa non chega para ir á Antártida" 

 

Imaxe de MaríaLopez

21 de marzo. Día internacional de los bosques

Co motivo de celebración deste día deunos para falar largo e tendido. Que eran os bosques, quenes vivían neles e o mellor de todo, apareceu a idea de que a nosa escoliña estaba nun bosque; un "bosque escola" dixo algún. Pois ben tocou sair ao patio e contar as árbores que tiñamos nel, algún ata preguntou se contábamos a nosa finca ou ás do lado tamén. Como poderedes imaxinar algún perdeu a conta dos que había, pero igualmente foi toda unha aprendizaxe.

Noutro momento, xa na aula, pintamos ás árbores da nosa escola. 

Feliz día dos Bosques. Firmado os habitantes da Escoliña do Bosque. 

              

 

 

    

Imaxe de MaríaLopez

Día da Poesía. 21 de Marzo

Despois de levar días buscando un poemario, apareceu nas miñas mans unha escolma de poemas de froitas chamado "Macedonia de versos" escrito e ilustrado por Concha Blanco e Lidia Nokonoko. Tras a lectura do seu primeiro poema adicado a unha cesta de vimbio preparamos unha macedonia con fresas, peras e laranxa que nos souberon requete ben. 

Imaxe de MaríaLopez

Pintamos unha colmea

Na Rega démoslle a benvida á primavera axudando ás Abellas. Tivemos como tarefa pintar unha colmena. Estivemos decorando a casa destes insectos polinizadores, para que cando as obreiras volvan de recolectar polen e néctar das flores saiban mellor cal é a súa casa, a que foi decorada por todos os nenos e nenas da Rega. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut