Como sabedes, comezamos a investigar sobre a neve, tema elexido por eles para este trimestre. O punto de partida foi situar no noso planeta en qué lugares podíamos atopar máis neve, xeo... Para iso fixemos, cada un de nós, un pequeno planeta de plastilina situando tanto o polo norte, como o polo sur. Mentres moldeábamos a Terra falamos da contaminación do noso planeta, dos nosos mares, glaciares e como estamos a deixalo. Polo que no noso "minimundo" de esta semana representeilles os planetas que eles crearon, cubertos con plástico, simbolizando que estamos afogando ao MUNDO. De momento, na Rega, xa temos axuda dos Bolechas (gracias Anxo, por traernos estes contos) para explicarnos que é iso do Reducir, Reutilizar e Reciclar e comezar a coidar un pouquichiño máis o pedaciño de Terra no que vivimos.
COMENTARIOS
hai 3 anos 29 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 6 anos 13 semanas