Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available
Imaxe de teresa

MAGOSTO 2019

O mércores 30 de outubro celebramos o magosto. Como é costume nos últimos anos, a xuntanza fixémola na escola de Cances onde, ademais de merendar castañas asadas,organizamos diferentes xogos.

Foi unha xornada chea de diversión e movemento. 

 

Imaxe de teresa

MAGOSTO 2019

 

MAGOSTO EN CANCES.

O vindeiro mércores 30 de outubro celebraremos o magosto na escola de Cances.

Este curso o horario será o habitual de 9 a 14.

O alumnado será traladado desde as súas respectivas escolas ata a escola de Cances en bus. Ás 14h as familias recollerán ás nenas e nenos nesa escola.

Esta actividade estará condicionada polo tempo meteorolóxico. Avisarase no caso de ter que ser aprazada.

Moitas gracias ás familias pola súa colaboración!

 

 

 

Imaxe de Beatriz

XORNADA " VENCELLO ERASMUS"

O pasado venres 11,as mestras Teresa Rodríguez e Beatriz Castro representaron ao CRA Ponte da Pedra no encontro organizado polo CAFI “ Vencello Erasmus”. O encontro serviu para difundir o noso proxecto Erasmus + e para establecer alianzas con outros centros que traballan empregando as mesmas metodoloxías. Esperamos que este novo camiño de formación e apertura sirva para mellorar a calidade educativa do noso centro e poñer á escola rural no lugar que se merece.

Grazas a todos e a todas por formar parte deste proxecto.

 

 

Imaxe de teresa

PASEANDO POLO CONCELLO DE CARBALLO

No día de onte, abandonamos por un momento as escolas para percorrer varios espacios do concello de Carballo. Comezamos polo Museo de Bergantiños onde amablemente as súas guías nos explicaron a cultura, a historia e os costumes da nosa comarca.

Despois da visita ao mercado, merendamos nas súas dependencias nun lugar habilitado para iso. Unha vez rematado a parva, fomos camiñando ata o río Anllóns no seu paso polo San Martiño acompañados dun policía local.

Fixemos un anaco do paseo do Anllóns, prestando atención á flora e fauna do río: patos, zapateiros, acivros, ameneiros, carballos,...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

COLABORACIÓN CO C.E.I.P. SAN LUÍS ROMERO

IDENTIFICACIÓNS EXCURSIÓNS

 

Este curso decidimos utilizar outro sistema de identificación para as excursións. Usaremos chapas enganchadas na nosa roupa co logo e nome do C.R.A. e o seu número de teléfono. 

Desde logo,facer as chapas non sería posible sen a colaboración do C.E.I.P. Xesús San Luís Romero.

O noso agradecemento por emprestarnos a máquina montadora de chapas e por aprendernos a usala.

O dito di: "Para mostra, un botón"... No noso caso: "Para mostra, unha CHAPA"...

 

Xa falta menos para poder estrenalas...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut