Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

02. O CONCELLO DE CARBALLO

O CRA Ponte da Pedra está situado en Carballo, capital de Bergantiños e centro natural desta comarca. Ao norte de Galicia, entre a Fisterra atlántica e o golfo Ártabro, goza dunha situación privilexiada. Así, sitúase entre dúas das cidades máis importantes da Comunidade: A Coruña e Compostela.

Cunha superficie de 187 km cadrados Carballo é un dos municipios de maior tamaño da provincia da Coruña, ademais dun dos máis poboados. Os seus case 30.000 habitantes agrúpanse en 314 entidades de poboación e 18 parroquias. O 60% dos habitantes do Concello concéntranse no seu núcleo urbano, a carón do río Anllóns.

As características do clima oceánico, cunha media anual de 12,3°C, concédenlle uns invernos suaves e uns cálidos veráns, que convidan a descubrir a súa paisaxe.

Na imaxe pódese observar a localización aproximada das sete escolas que conforman o CRA: Artes, Cances, Mirón (Bértoa), Rega (Bértoa), Sísamo, Verdillo e Goians (Xoane).

 

Mapa do concello e situación das escolas.

 

Para máis información sobre Carballo, podedes consultar a web do concello http://www.carballo.org (da que foi extraída a información anterior).

 



book | by Dr. Radut