Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Excursión ao Dolmen de Dombate e ao Castro Borneiro

Imaxe de Jesus

O vindeiro venres e tras varios retrasos debido á climatoloxía, pero por fín imos visitar dous fitos arquitectónicos da nosa historia en Cabana de Bergantiños, moi, moi, preto de Carballo.

Esta excursión aportará unha experiencia moi vívida para o noso alumnado e unha grana aportación ao proxecto da historia que traballamos este ano no CRA Ponte da Pedra, para o cal atopamos xenial unha unidade didáctica do centro arqueolóxico do Barbanza que traballa o Neolitico, a Idade de Ferro e os Castrexos.

 

Para saber máis sobre o Neolítico e o Dolmen de Dombate podedes ver os seguintes videos:

 

Neste video podedes ver como se construiu o Dolmen de Dombate e a vida no Neolítico

 

Neste podedes ver explicacións sobre o Dolmen de Dombate máis polo miudo

 

 

Neste video podemos ver como é Castro de Borneiro (A Cidá).

 

E na web do Concello de Cabana de Bergantiños podemos ver fotos da festa do Castro Animado.



story | by Dr. Radut