UNHA PANTASMA NA ESCOLA
![Imaxe de Patri Imaxe de Patri](http://www.edu.xunta.gal/centros/crapontepedra/system/files/u69/mestre.jpg)
Xa facía un tempo que na escola de Artes notabamos unha presenza estraña, cousas que non estaban no seu sitio, ruídos estraños... chegamos á conclusión que había unha pantasma na escola. Despois dun tempo invocándoa puidemos comprobar que si existía, a pantasma púxose en contacto coa nosa mestra a través do correo electrónico, chámase "Leretas" porque le moitísimo pasa horas e horas lendo e buscando información. Agora Leretas vive na Biblioteca da nosa escoliña e de vez en cando envíanos correos electrónicos para encomendarnos tarefas. A nosa pantasma este ano está especialmente interesada nos paxaros e está preocupada porque no noso patio non hai paxaros, todo un misterio que nos ten en vilo.
Para axudarnos "Leretas" encomendounos un plan: para atraer os paxaros ao noso patio deixounos alpiste e unhas laranxas para facer uns comedeiros naturais coas súas tonas. Nesa xornada fixemos zume de laranxa e despois os comedeiros.
COMENTARIOS
hai 3 anos 21 semanas
hai 4 anos 27 semanas
hai 4 anos 27 semanas
hai 4 anos 27 semanas
hai 4 anos 27 semanas
hai 4 anos 27 semanas
hai 4 anos 27 semanas
hai 4 anos 27 semanas
hai 4 anos 27 semanas
hai 6 anos 5 semanas