Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

AXUDAS DE ESTUDOS AO ALUMNADO DE 2º CICLO EI E CONSERVATORIO

Imaxe de teresa

O Concello de Carballo abre do 4 de abril ao 4 de maio o prazo de solicitude das axudas de estudos para o alumnado do 2º ciclo de educación infantil e do CMUS correspondentes ao actual curso 2022-23. 

REQUISITOS BÁSICOS

  • É requisito indispensable que o beneficiario e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado no termo municipal de Carballo.
  • Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa que figura no apartado de Documentos.

LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN

  • A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
  • Rexistro Xeral do Concello de Carballo (teléfono 981 704 100) e rexistros auxiliares do Pazo da Cultura (11.00 a 12.30 horas), Fórum Carballo, Servizos Sociais ou Deportes.

DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA

  • Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados.
  • Copia do libro de familia ou certificado literal de nacemento.
  • DNI ou NIF provisional do beneficiario.
  • Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome do beneficiario/a ou solicitante da axuda.
  • No caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a.

INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS

  • No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal
  • De luns a venres, de 11.00 a 12.30 horas, de forma presencial no Pazo da Cultura ou telefonicamente nese mesmo horario no 981 704 300.
  • BASES
  • INFORMACIÓN BÁSICA

 

AdxuntoTamaño
0impreso_solicitude_(1).pdf114.67 KB
bases_bop.pdf177.29 KB
info_basica.pdf40.43 KB


page | by Dr. Radut