Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

PARABENS XIAN!!

Imaxe de Monica

O 28 de setembro celebramos o primeiro cumple do curso, Xian cumplía 3 aniños.

Este ano celebramos os cumples seguindo ás escolas Montessori que axudará aos peques a interiorizar o paso do tempo: os meses, as estacións, o movemento da terra arredor do sol...

Comezamos a rutina poñendo o mural no chan (podedes velo no vídeo) e sentámonos arredor del, prendemos a vela (simulando a luz do sol) e o neno que está de cumple colócase no mes que naceu coa bola do mundo na man. A dinámica consiste en que dé tantas voltas ao sol como anos cumple. En cada unha desas voltas enseñamos unha foto do neno/a (de cando tiña esa idade) e contará algo dese momento (por exemplo: "dixen a miña primeira palabra" "naceu o meu irmá"...).

Antes deste ritual o cumpleañero pintará o seu lienzo (cada neno ten o seu exposto na aula a espera de que chegue o seu día) mentras lle cantamos o "Parabens para ti". Este será o agasallo que leve para casa como recordo do seu cumple na escola.

Continuamos soprando a vela e comendo o biscoito.

Se queredes ver como o facemos mirade o vídeo do cumple de Xian:

MOITAS FELICIDADES!!!




blog | by Dr. Radut