Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ENDL

Imaxe de AnaFernandez

ÁLBUM

 

Este ano rematamos os álbums que tiñamos pendentes do curso anterior. 

Quedaron moi bonitiños, e as nenas e nenos levan un fermoso recordo do seu curso escolar, actividades, compañeiros, experiencias, risas, momentos...

Imaxe de AnaFernandez

OS MAIOS

 

Chegaron os maios!!!

Durante este mes de maio nalgunhas escolas celebraron a festa dos maios. 

As familias achegaron flores, follas, ramas, pétalos... E despois, as nenas e nenos construiron uns fermosos maios que encheron de luz e cor os nosos patios.

Mirade que cousiñas tan fermosas quedaron, son grandes artistas!!!

Graciñas a todas e todos!!!!

    

    

 

Imaxe de AnaFernandez

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 

O venres 14 de maio celebramos nas escolas o festival das Letras Galegas. Como podedes ver gozamos dunha maña moi diferente e divertida.

As nenas e nenos fixeron unha exposición no exterior das escolas en homenaxe a Xela Arias, cos traballos realizados ao longo de toda a semana.

   

A continuación non paramos de bailar e cantar no marabilloso concerto de Pakolas. Vaia forma de mover o esquelete a ritmo de rock!!

 

Paramos un pouco a repoñer forzas cunha boa merenda.

E para rematar gozamos un bo rato con xogos populares e tradicionais: os birlos, carreiras de sacos, zancos, as lorchas, torres de mazarocas, circuito de chapas, os trompos, o pedal...

     

Imaxe de AnaFernandez

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

A semana das Letras Galegas fixemos nas aulas diferentes actividades para coñecer á escritora homenaxeada deste ano, Xela Arias. 

Os nenos e nenas leron poesías, aprenderon cousiñas importantes da vida de Xela, fixeron caricaturas, obras de arte, quebracabezas, escoitaron cancións...

Fixéronlle así unha fermosa homenaxe a esta marabillosa muller da nosa terra.

     

Imaxe de AnaFernandez

SEMANA E DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A semana anterior ao 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro, comezamos a traballar nas aulas sobre a gran poetisa galega.

Este ano escollimos o poema "Parece unha rosa", e despois de falar cos nenos e nenas sobre Rosalía e sobre este poema, levamos a cabo diferentes propostas de aprendizaxe moi interesantes e divertidas.

Mirade, mirade todo o que aprendimos!!

        Caricaturas chistosas de Rosalía                    Pintura con acuarela

    

                    A cara de Rosalía                                    Rosas na luz

   

          Rimas co nome                                         Robótica 

   

               Flores co tangram                              Facemos unha rosa?

   

           Experimento con rosas                      Lavar unha meniña ou meniño

  

                Vocabulario do poema                 Composicións conxuntas de Rosalía

        

            Murmurador de poesía                           Flores con plastilina

  

Chegou o día de Rosalía e o celebramos facendo unha gran búsqueda do tesouro.

No patio tíñamos que atopar unha serie de pezas que, todas xuntas formaban un quebracabezas coa cara de Rosalía de Castro. Para atopar as diferentes pezas tíñamos pistas a través de códigos QR.

Non podedes imaxinar o divertido que foi, os nenos e nenas non se cansaron de correr e buscar ata conseguilo, realizando un gran traballo en equipo.

E como non podía ser doutra maneira ao final conseguiron un agasallo. Parabens!!!

  

  

Distribuir contido


by Dr. Radut