Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Educación Responsable

Imaxe de Jesus

Día Emocionante 2018.

O venres 23 de marzo como colofón ao Proxecto de Educación Responsable celebramos nas escolas de Berdillo, Rega, Sísamo e Xoane unha xornada festiva, na que traballamos as emocións e a creatividade con tódolos alumnos e alumnas, tendo como temática de fondo "as mulleres de conto".

 

Imaxe de Jesus

II Escola de Familias Responsables

Imaxe de Jesus

2018. Día Emocionante.

Un curso mais o CRA Ponte da Pedra ven desenvolvendo o proxecto de Educación Responsable, no que pretendemos traballar a educación emocional cos nosos/as alumnos/as.
Como colofón ao traballo que vimos realizando cos alumno, o vindeiro venres 23 de marzo celebraremos unha xornada especial o “Día Emocionante”.
Xuntarémonos en diferentes escolas segundo as diferentes adscricións das nosas escolas, polo que agradecendo de antemán colaboración familiar, vos pedimos que levedes:
Os nenos e nenas de Artes e Berdillo para a Escola de Berdillo:
Os nenos e nenas de Mirón e Rega para a Escola de Rega
Os nenos e nenas de Infantil de Cances, Sísamo e Xoane para a Escola de Sísamo
Os nenos e nenas de Primaria de Cances, Sísamo e Xoane para a Escola de Xoane.
* O horario do Día Emocionante do venres 23 de marzo será de 9h. a 14h.
* As escolas prepararan a merendas polo que non hai que traer mochila.
Así mesmo lembrar que as vacacións de Semana Santa serán do 26 de marzo ata o 2 de abril,
comezando as clases o día 3 de abril.

Imaxe de Jesus

Encontro interxeracional

Uns días antes do festival de Nadal, o "Coro das emocións" fixo unha encomenda  especial: visitar Residencia de Maiores de Carballo no que actuou en primicia co co seu baile "En estas navidades quiero bailar" e agasallalos con dúas cancións de Nadal:"Rodolfo, el reno""Buscando unha estrela".

Para achegarnos ao lugar da actuación, fomos dando un fermoso paseo no que nos acompañaron o profe Jesús e a profe María, ademais da axuda de Protección Civil de Carballo que velaron porque o transcurso da camiñata fose segura.

A experiencia foi moi enriquecedora, compartimos ilusión e ledicia cos nosos maiores e na que nos recibiron con moito agarimo.

Moitas grazas ao xeriátrico por tan boa acollida!!

No seguinte adxunto hai un pequeno resumo do que foi a actividade.

Agardamos que vos guste.

Imaxe de Jesus

# O coro das emocións

12 de Maio de 2017 no CIFP Politecnico de Santiago de Compostela.

Distribuir contido


by Dr. Radut