Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

ADRI E ANTÓN

Adri apareceu esta semana co seu primeiro burato na dentadura. Antón, O Bibliotecario, asgasallouno cun miniconto.

Disfrutao moito!!

Imaxe de Monica

HORTO

Onte tivemos horto con Manuel Anxo. Aprendimos como nos tíñamos que colocar para traballar a terra e que a espalda non sufrise, o nome das ferramentas (plantador, sacho, escarificador e forca)  e como se utilizan e como ten que estar a terra para que crezan ben os cultivos.

Nesta primeira sesión preparamos a terra para que esté lista xa que na proxima sesión comezaremos a plantar.

Gracias Manuel Anxo!!

 



Imaxe de Monica

MANDALA DE OUTONO

Continuamos traballando a estación na que nos atopamos realizando unha mandala natural con cousas do Outono que trouxeron os peques a escola: follas, landras, ramas, mazás, setas, pinas, castañas... Falamos das súas caracteristicas, contámolas, ordenámolas por tamaños...

Saímos ao patio onde estaba preparado o círculo. Por grupos foron colocando dentro os elementos. Cando todos os equipos remataron cada neno/a escolleu unha folla do patio para colocala na mandala.

Entramos na clase e cada un pintou a súa mandala (motricidade fina, capacidade de atención, creatividade, concentración...). Quedaron super chulas!!!

Mirade:

 



 
E así quedou o espacio adicado a estación:
 
Imaxe de Monica

OBRADOIRO DE GRAFISMO

Deixovos a sesión de grafismo da semana: grafomotricidade, formas xeométricas, tamaños, cores nocións espaciais...

 



Imaxe de Monica

GRABADO FOLLAS OUTONO

Seguimos traballando a estación na que nos atopamos. Esta vez cos nenos/as de primaria e a profe Bea que nos invitou a realizar esta actividade. Comezamos cunha asemblea na que falamos do outono e das súas cores. Colocamos follas no chan e cubrímolas con papel continuo. Tíñamos que pintar sobre o papel arrastrando unha cera pero antes de facelo preguntámoslles que creían que ía a pasar. Algunha das súas respostas foro:

- "As follas desapareceran"

- "Conxelaranse"

- "As follas romperanse"

As caras dos peques ao ver o resultado foron inexplicables!!! Pronto teremos listo o recuncho do outono, estade atentos!!!

Ademais aproveitamos para merendar todos xuntos antes de ir o patio.

 



Distribuir contido


by Dr. Radut