Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de Pili

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

O LUNS 26 DE NOVEMBRO (17:00-19:00h.) serán as eleccións para elexir os representantes de pais/nais no consello escolar do centro. As candidatas son:


Baldomir Ríos, Rosa Mª (Sísamo)


 Fernández Gónzalez, Laura (Xoane)


Martínez Bello, Mª Luz (Sísamo)


Tedes que elexir a unha, e serán nombradas dous representantes (con mais votos) e a terceira quedará na lista de suplentes.


A dirección


 

Imaxe de Pili

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR 2012

De acordo coa Resolución do 07 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.


 De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2010.


Todos aqueles que estades interesados tedes que presentar a vosa candiatura.  Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do CRA. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 15 de novembro.


 As votacións realizaranse neste Centro o día 26 de novembro, en horario que se comunicará.


 Van adxuntos toda aquela información de voso interese: Resolución do 07 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o Censo dos pais/nais do CRA Ponte da Pedra, Calendario para a realización de eleccións ao Consello Escolar, Circular das eleccións dos representantes de nais e pais ó Consello Escolar, Impreso da Candiatura de pais/nais

Imaxe de MarVaamonde

Censo Pais-Nais

No documento adxunto podedes ver o censo de pais e nais que poderán votar o próximo 29 de novembro para elexir aos seus representantes no Consello Escolar. Estas listas foron publicadas asimesmo nos taboleiros das escolas.

CENSO PAIS/NAIS - Descargar

 

 

Imaxe de MarVaamonde

Sorteo dos membros da Xunta Electoral do Consello Escolar


ACTA DO SORTEO DE MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL
  
No CRA Ponte da  Pedra da Coruña, sendo as 13.30 horas do día 29 de outubro de 2010, reúnense na sala de profesores o/a Directora do Centro e o/a Secretaria do mesmo, para proceder o sorteo público dos membros que deberán formar a XUNTA ELECTORAL regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Non habendo ningunha testemuña do sorteo, o Secretaria procede a sacar as bolas de elección dos membros da referida Xunta, obténdose o seguinte resultado:
 
1. Representantes dos profesores:
 
Titular: SUSANA OGEA DOBAÑO
Suplente: MERCEDES PÉREZ RAMOS
 
2. Representantes dos pais/nais ou titores legais:
 
Titular: ROJO CAMAFREITA, VENERANDO
Suplente 1:  POSE LÓPEZ, MANUEL
Suplente 2: ABELENDA GÓMEZ, CARMEN
Suplente 3: GESTO LATA, BALDOMERO
Suplente 4: OTERO PEREIRA, ANA BELÉN
Suplente 5: VELO PENA, ANGÉLICA
Suplente 6: ESMORÍS NEIRA, JOSÉ MANUEL
Suplente 7: SÁNCHEZ NAVAZA, JUAN PABLO
Suplente 8: ROJO LAGE, MIGUEL ÁNGEL
Suplente 9: CORES CORES, BEATRIZ 
 
 
Todos os titulares e suplentes recibirán próximamente unha citación para o xoves 4 de Novembro ás 12.15 na sede do CRA para a constitución da correspondente Xunta Electoral.

 

Imaxe de MarVaamonde

DOCUMENTOS A INFORMAR E ESTUDAR NO CONSELLO ESCOLAR DO MARTES 29 DE XUÑO

Os seguintes documentos foron aprobados no Claustro e informado ao Consello Escolar (reunións celebradas o 29 de xuño de 2010):

Memoria Curso 2009/10

Proxecto Educativo da Ed. Infantil

Plan de Acción Titorial

 



by Dr. Radut