Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artes

Imaxe de AnaFernandez

CHEGOU O ENTROIDO



Chegou o entroido ao cole e as clases de educación física! Así que esta semana fixemos xogos de entroido como o entroido no bosque, imitacións de disfraces, bailamos,... e ademais o xoves atopámonos con unha instalación de aprendizaxe baseada no entroido, a través da cal os nenos/as investigaron, crearon, construiron, experimentaron,... xogaron libremente favorecendo así unha aprendizaxe autónoma, libre e motivante.

Imaxe de Pamela

A neve

 

E se quenta o sol, en Artes neva!

Os nenos de Artes pasámolo pipa facendo neve.

Para conseguilo empapamos de auga un cueiro, extraemos o recheo.

Experimentamos diferentes sensación e texturas e, por último,  metémolo dentro dunha bolsa para interactuar con el e podr levalo para a casa.

 

 

Imaxe de Pamela

A plantar landras

Plantando landras



Este mes de Febreiro en Artes fixemos moitas actividades pero unha moi especial foi esta.

Todo comezou cunha pregunta:

-Profe, as árbores como nacen?

E decidimos facer unha pequena plantación.

Aprendemos moitas cousas: que é unha semente, cal é a semente do carballo, como saber se unha landra esta seca ou serve para plantar, que cousas necesita para crecer...

 

 
 
 
Imaxe de AnaFernandez

EQUILIBRISTAS EN ACCIÓN



En educación física estivemos traballando o equilibrio de maneiras moi diferentes, con obxectos variados (conos, tubos de cartón, ladrillos, pelotas, saquiños...), en superficies elevadas estáticas (troncos, pedras, ladrillos, bancos, sillas, mesas...) e móviles (colchonetas, táboa e rodillo, tubos, táboa curva...), con zancos..., un sin fin de posibilidades.

Os nenos e nenas esforzáronse moitísimo, descubriron novas formas de equilibrar o seu corpo, os obxectos e as dúas cousas a vez, convertíronse en equilibristas de circo, aprenderon moito e o pasaron xenial.

Imaxe de AnaFernandez

XOGOS CO PARACAÍDAS

A semana pasada xogamos co paracaídas, primeiro fixemos xogos cooperativos e na segunda sesión de educación física investigamos, creamos, inventamos, descubrimos,... moitas cousas, actividades e xogos que se poden facer co paracaídas e con pelotas. O pasamos xenial!

   

   

   

   

Distribuir contido


by Dr. Radut