San Tomé

FELIZ ANIVERSARIO

FELIZ ANIVERSARIO A TÓDOL@S CATIV@S QUE CUMPRÍCHEDES ANOS NO PRIMEIRO TRIMESTE. SON DATAS MOI ESPECIAIS PARA AS NOSAS CRIANZAS, POLO QUE NON PODEMOS ESQUECELAS. ESTE ANO COMEZAMOS A FACER A CELEBRACIÓN DE VIDA Ó ESTILO MONTESSORI. CON ESTA PEQUENA CELEBRACIÓN, OS NOSOS CATIVOS/AS VAN ADQUIRINDO, POUCO A POUCO, O PASO DO TEMPO. 


VISITA Á GRANXA DO NOSO COMPAÑEIRO MARIO.

MARIO INVITOUNOS A VER OS SEUS ANIMAIS,  ALÁ FUMOS ENCANTADOS!

GUSTOUNOS MOITO VER AS VACAS COS SEUS XATOS, AS GALIÑAS, OS PAVOS, OS PORCOS, OS CABALOS, A CABRA, O CASTRÓN,  OS PONIS E ATA O SEU CADELIÑO. NÓS FUMOS MOI EMOCIONADOS A VER TÓDOLOS ANIMAIS. PERO MARIO DISFRUTOU MOITÍSIMO ENSINÁNDOLLES, ÓS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, OS ANIMAIS QUE EL TANTO QUERE E COIDA XUNTO Ó SEU PAI.

 
MOITAS GRAZAS TAMÉN ÁS MAMÁS QUE NOS ACOMPAÑARON, CONTAMOS CONVOSCO PARA A PRÓXIMA!

BENVIDOS E BENVIDAS!

BENVIDOS A TODOS E A TODAS! ESTAMOS OUTRA VEZ DE VOLTA. XA TIÑAMOS GANIÑAS DE VOLVER VER ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS E COMO NON, COÑECER ÓS NOVOS NENOS E NENAS.

TODOS OS NENOS E NENAS ESTIVERON ACOMPAÑADOS/AS POR UNHA PERSOA, OU DÚAS, MOI ESPECIAL NAS SÚAS VIDAS.

 

 

FIXÁDEVOS QUE RABUÑOSO NOS DEIXOU UN BAÚL CON TRES COUSAS IMPORTANTES PARA EL. QUEN SE LEMBRA DO QUE TIÑA?

VIAXE Ó CPI

CHEGOU O MOMENTO!

UN MOMENTO TRISTE, PERO FELIZ Ó MESMO TEMPO. ÓS NOS@S MAIORES CHEGOULLES O MOMENTO DE VOAR CARA PRIMARIA. BOTARÉMOSVOS MOITO DE MENOS!

MOITA SORTE NESTA NOVA ANDAINA, MEUS PEQUECHOS/MAIORES!

MAMISCONTACONTOS

COMO NOS GUSTAN AS VISITAS DAS NOSAS MAMIS E PAPIS!

ESTE CURSO VISITÁRONNOS, UN PAPI APICULTOR E DÚAS MAMISCONTACONTOS. QUE ILUSIÓN NOS FIXO! SABEDES QUE AS NOSAS PORTAS SEMPRE ESTÁN ABERTAS, PARA O PRÓXIMO ANO ESPERAMOS MOITAS MÁIS VISITAS!  

    

 

                                                                               GRAZAS MAMIS!                  

 

 

          

FELICIDADES!

CHEGOU O REMATE DO CURSO E CON EL OS ÚLTIMOS ANIVERSARIOS. TOD@S QUEREMOS SER MAIORES, E A CELEBRACIÓN DUN ANO MÁIS É MOI IMPORTANTE PARA OS NOSOS PÍCAROS!

MOITAS FELICIDADES A: 

 

O NOSO RÍO

CLARO QUE SABEMOS O IMPORTANTE QUE É O CONTACTO COA NATUREZA, NÓS TEMOS A GRAN SORTE DE CONTAR CUN RÍO PRETO DA ESCOLA, O REGO DE SAN TOMÉ  E... SABEDES UNHA COUSA? ESTÁ CHEO DE BICHIÑOOOOSSS!

ANIVERSARIOS DO 2º TRIMESTRE.

NO SEGUNDO TRIMESTRE TIVEMOS A TRES COMPAÑEIR@S DE ANIVERSARIO. PARABÉNS PARA OS NOSOS RODRIGO, MARTÍN E LEIRE!

 

Distribuir contido