Skip to Content

A nosa biblio

A NOSA BIBLIOTECA EN IMAXES

 

En Mosteiro, na escola de San Tomé, está a nosa biblioteca, onde temos un montón de contos e libros para o alumnado e tamén para as familias, que podedes levar para casa. A biblio abre os mércores de 16:00 a 18:00

 

 

Outra parte moi importante da nosa biblioteca está na escola de Paradela, onde pouco a pouco imos dando forma ao noso "Laboratorio Creativo de Aprendizaxes". Alí acoden os nenos e as nenas de Xuntanzas. Entre outras cousas, dispoñen de: croma e cámaras para gravar televisión ou cine, varias tablets, disfraces, xogos lóxicos e manipulativos, construcións, un pequeno laboratorio (xunto coa charca no patio), o estudo de radio onde gravamos os programas de Rabu-Radio (Radio na biblio)... 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut