Na aula do Marco presentámoslles aos Bolechas distintas formas de poder facer arte na escola. Gracias ao profe Marcos e Antonio pola dedicación para que o vídeo realizado fora tan completo.
A primeira saída que fixemos na aula á contorna, realmente fermosa. De volta a escola collimos moitos "tesouros da natureza" cos cales faremos varias propostas.
Tamén deixamos en liberdade tres gusaniños de castañas que tiñamos na aula.
Nestas dúas sesións coñecemos diferentes asanas coas cartas e dados, técnicas de respiración e disfrutamos dun momento consciente pintando tods xuntos o atrapasoños en grupo.
Hai de moitos momentos na sesión que non temos fotos porque os adultos precisamos sentir e estar igual ca eles para que sexa unha actividade productiva. Pero o momento da respiración coa bola máxica é incrible a quietude, consciencia e tranquilade que conseguen ter.
Por que practicar ioga na aula?
O ioga e o mindfulness son prácticas centradas en mellorar a saúde da persoa na súa totalidade.
Como o facemos?
Coñecendo as "asanas" (posturas) que axudan a coñecer o corpo, consolidar o esuqema corporal, desenvolver a lateralidade e perfeccionar a psicomotricidade fina e grosa.
Practicando os "pranayamas" ou técnicas de respiración que axudan a canalizar as emocións e fortalecer os pulmóns.
A través do "mindfulness" e “estar presente” ou “ser consciente” ao desenvolver unha actividade. A atención consciente favorece que sexamos máis pacientes e libéranos do impulso de reaccionar.
Na nosa sociedade actual é rica en estímulos, saturada de información e de un ritmo frenético, o cal dispersa a atención do alumnado en diferentes direccións. Por isto, é moi importante poder pararse e respirar cun mesmo e xa dende idades moi temperás.
"Cuando me siento pequeña en un mundo muy grande, aquieto mi mente, mi cuerpo, mi respiración. Ahora puedo crear e imaginar. Yo soy Yoga"