Actividades biblio
A BIBLIOTECA DE RABUÑOSO EN TWITTER
Enviado por antonio o Lun, 15/04/2019 - 03:59Consulta as actividades da biblio, así como novidades, avisos, axenda cultural... no noso Twitter: https://twitter.com/cra_meis
ONCE DAMAS ATREVIDAS
Enviado por admin o Mar, 26/11/2019 - 14:07Adaptación do conto Once damas atrevidas (Helle Thomassen, Xosé Manuel González, Oli - Ed. Kalandraka) realizada sobre croma polo alumnado de 6º de Infantil do CRA de Meis.
I FESTIVAL DA IGUALDADE DO CRA DE MEIS
Enviado por admin o Mar, 26/11/2019 - 14:05O 22 de outubro celebramos o noso primeiro Festival da Igualdade, un evento con obradoiros, música, contos e a presentación dunha nova compañeira: a gatiña Máxica! Gata botánica, científica e aventureira onde as haxa! Benvida ao CRA de Meis, amiga!
DÍA DE ROSALÍA 2019 EN XUNTANZAS
Enviado por antonio o Dom, 24/02/2019 - 16:27Todos e todas somos Rosalía de Castro. Para lembrar o día do seu nacemento, en Xuntanzas poñémonos na súa pel, e recitamos unha poesía curtiña das súas. Antes fixemos coas nosas mans unha chea de galiñas, vestímonos coas nosas mellores galas e puxemos o pelo da nosa poeta.
A MIN NON ME COMAS!
Enviado por admin o Mér, 07/11/2018 - 19:31HAI QUE VER O MEDO QUE PASAMOS CO MATEO ESTE SAMAÍN
E CON ESTA ADAPTACIÓN TEATRAL DO CONTO A MIN NON ME COMAS!
Primeiro día de Xuntanzas (5/10/2018): Escolas de San Martiño, O Marco e San Tomé
Enviado por antonio o Ven, 05/10/2018 - 21:40A nosa biblio creativa xa funciona a toda máquina os venres en Xuntanzas! Lecturas compartidas, Radio, Televisión, Teatro, Charca e Laboratorio, Robótica, Construcións, Xogos lóxicos e manipulativos, Expresión plástica...
