Skip to Content

Actividades biblio

Primeiro día de Xuntanzas (5/10/2018): Escolas de San Martiño, O Marco e San Tomé

A nosa biblio creativa xa funciona a toda máquina os venres en Xuntanzas! Lecturas compartidas, Radio, Televisión, Teatro, Charca e Laboratorio, Robótica, Construcións, Xogos lóxicos e manipulativos, Expresión plástica... 

 

 

 

 

RABU-MENSAXE : BENVIDOS Á ESCOLA DO RÍO!

Rabuñoso saúda por vide-conferencia aos nenos e nenas á súa chegada a Porta Pisón. Video resumo do que deu de si o Proxecto Ríos no cal compartimos unha grandísima experiencia co CIFP Portovello de Ourense, o CPI Mosteiro Meis, as familias do CRA e, que ademais, tivo o seu gran remate final coa inauguración da Escola do Río, grazas á colaboración coa Comunidade de Montes de San Tomé de Nogueira e o Concello de Meis.

 

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 15 de maio, víspera das Letras Galegas, e Día Mundial das Familias, celebramos tamén o Día do Xogo Tradicional na praza do concello para, en familia, revivir algúns xogos polos que non pasa o tempo cando falamos de diversión!

ENTREVISTA A MARUJA MALLO

OS NOSOS PERIODISTAS MÁIS INTRÉPIDOS FIXERON UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE MARUJA MALLO. TAL FOI A SÚA TEIMA POR COÑECELA, QUE ATA CONSEGUIRON ENTREVISTALA!

A CONTINUACIÓN PODEMOS VER UN ANAQUIÑO DO QUE DEU DE SI A ENTREVISTA. UN PEQUENA PARTE DO TRABALLO QUE TIVO O SEU COMEZO NAS AULAS COA CREACIÓN DE XORNAIS E A INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA DESTA GRAN ARTISTA.

LEMBRANZAS DE UN GATO BIBLIOTECARIO

RABUÑOSO RECIBE AO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA DO CPI MOSTEIRO-MEIS QUE VIÑERON A VISITARNOS A PARADELA E LEMBRAR VELLAS ANDAINAS NO CRA.

Movémonos con Migallas

O CATAVENTOS

Polo Día das Letras Galegas, nenos e nenas, nais e profes do CRA de Meis representaron no auditorio municipal unha adaptación do conto "O cataventos", de María Victoria Moreno.

Aquí tedes o vídeo para volver lembrala!

 

 

Ata a prensa se fixo eco da nosa celebración do día das LETRAS GALEGAS!!

 

LIBRO DOURADO

Dende comezo de curso traballamos moitísimo o Proxecto da Arte coa axuda do noso Libro Dourado e de Rabuñoso. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración, sen vós non se podería chegar a tan bo resultado!

Distribuir contido


by Dr. Radut