Normalización Lingüística

DÍA DE ROSALÍA 2019 EN XUNTANZAS

Todos e todas somos Rosalía de Castro. Para lembrar o día do seu nacemento, en Xuntanzas poñémonos na súa pel, e recitamos unha poesía curtiña das súas. Antes fixemos coas nosas mans unha chea de galiñas, vestímonos coas nosas mellores galas e puxemos o pelo da nosa poeta.

VISITA A CORREOS E Á NOSA BIBLIO.

CANTO NOS GUSTA RECIBIR UNHA POSTAL! CANTO TARDARÁ O CARTEIRO EN PASAR POLA NOSA CAIXA DE CORREOS?

ESTE ANO XUNTÁMONOS TODAS AS ESCOLAS NA ESCOLA DE SAN TOMÉ, PARA PODERMOS IR CAMIÑANDO ATA A OFICINA DE CORREOS. O VENRES 14, AS ESCOLAS DE SAN LOURENZO E PARADELA, O LUNS 17 AS DE SAN MARTIÑO E O MARCO E O MARTES 18 SAN TOMÉ E SAN VICENTE. O VENRES E O LUNS PUIDERON IR CAMIÑANDO ATA CORREOS. O MARTES CHOVEU E, O NOSO CARTEIRO, MOI AMABLEMENTE SE ACERCOU ATA A NOSA ESCOLA A RECOLLER AS POSTAIS E A NOS DAR COMO ÁS OUTRAS ESCOLAS, UNHA MOCHILA DE CORREOS CON CARAMELOS E PINTURAS: MOITAS GRAZAS!

APROVEITAMOS ESTAS XUNTANZAS PARA COÑECER MÁIS A FONDO A NOSA BIBLIO. CO EQUIPO DE BIBLIOTECA, FIXEMOS UNHAS SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS E UNS XOGOS MOI EDUCATIVOS E DIVERTIDOS. ATA SACAMOS A RABUÑOSO DE PASEO!

 

OBRADOIRO DE NADAL COAS FAMILIAS.

MOI BO NADAL A MAIORES E PEQUES!

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS! ÓS QUE PUIDERON VIR, E NOS ACOMPAÑARON NESTE OBRADOIRO TAN EMOTIVO, E ÓS QUE NON SE PUIDERON ACERCAR PERO, QUE NOS APORTARON OS MATERIAIS PARA PODÉRMOLO LEVAR A CABO.

MOITAS FELICIDADES A TODOS E TODAS, QUE TEÑADES UN MOI BO NADAL!

 

OBRADOIRO DE CABAZAS COAS NOSAS FAMILIAS.

É TEMPO DE CAMBIO, CHEGOU DE VERDADE O OUTONO! TEMPO DE ESCURIDADE, DE GARDAR AS COLLEITAS, TEMPO DE METER MEDO!!!!!

TERRORIFICAMENTE NOS XUNTAMOS AS FAMILIAS, OS CATIVOS, CATIVAS E  MESTRAS! UN MOMENTO CHEO DE EMOCIÓNS "LIADAS", UN MOMENTO MOI AGRADABLE POR TERMOS A COMPAÑA DAS NOSAS FAMILIAS PERO, TAMÉN TEMOS UN CHISCO DE MEDO. COMO NON O IAMOS TER SE DIN QUE É TEMPO DE BRUXAS E ESQUELETOS!

TODO MEDO SE LEVA MELLOR NA COMPAÑA DAS NOSAS FAMILIAS! 

 

"FIN DE CURSO 2.017/18"

ESTE ANO TIVEMOS UN FIN DE CURSO BEN CARGADIÑO! 

  • COMEZAMOS COA ENTREGA DE ORLAS ÓS NOSOS CATIVOS DE 6º NIVEL. MOITA SORTE NA NOVA ETAPA!
  • CONTINUAMOS COA ACTUACIÓN DE MANUEL SOLLA, CANTO RIMOS!
  • UNHA PARADIÑA PARA MERENDAR, A FROITA NON PODÍA FALLAR.
  • CONTINUAMOS CUNHA EXHIBICIÓN DE XIMNASIA RÍTMICA DE SAN MARTIÑO.
  • GUAUUUUUU! VAIA ARTISTAS! AS FAMILIAS FIXÉRONNOS BAILAR E CANTAR COAS SÚAS VERSIÓNS DRAMATIZADAS DE "A MIÑA TÍA" DE MAMÁ CABRA E "O GALO CANTA" DE María Fumaça.

MOI BO VERÁN A TODOS E TODAS! 

 

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 15 de maio, víspera das Letras Galegas, e Día Mundial das Familias, celebramos tamén o Día do Xogo Tradicional na praza do concello para, en familia, revivir algúns xogos polos que non pasa o tempo cando falamos de diversión!

Benvido Maio!

ENTREVISTA A MARUJA MALLO

OS NOSOS PERIODISTAS MÁIS INTRÉPIDOS FIXERON UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE MARUJA MALLO. TAL FOI A SÚA TEIMA POR COÑECELA, QUE ATA CONSEGUIRON ENTREVISTALA!

A CONTINUACIÓN PODEMOS VER UN ANAQUIÑO DO QUE DEU DE SI A ENTREVISTA. UN PEQUENA PARTE DO TRABALLO QUE TIVO O SEU COMEZO NAS AULAS COA CREACIÓN DE XORNAIS E A INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA DESTA GRAN ARTISTA.

Distribuir contido