Skip to Content

Normalización Lingüística

Mandatos de Rabuñoso

Cesta do Outono

PÍCNIC LITERARIO 2021

COMO ESTE ANO NON PUIDESTES ASISTIR AS FAMILIAS Ó PÍCNIC LITERARIO, QUEDADES CONVIDADAS PARA O SEGUINTE!

MENUDO PAR DE MASCOTAS TEMOS NA BIBLIO, QUEREDES SABER QUE PASOU? MIRADE, MIRADE:

"https://www.youtube.com/embed/nAAyAYazXVA

HAI QUE AXUDAR! A RECUPERAR OS LIBROS! APROVEITANDO, COMO NON PARA PASAR UNHA XORNADA NA NATUREZA:

 

 


Pícnic 2021 - Kizoa Movie Maker

ENTROIDO 2021

POSTAIS DE NADAL

Hai uns anos, os nenos e as nenas do CRA deseñaron na casa unhas postais chulísimas para felicitar o Nadal e o Aninovo a Rabuñoso. Mirade que bonitas quedaran:

Este curso queremos retomar esta actividade tan fermosa. Para iso levades unha cartolina branca que podedes dobrar en forma de postal ou deixala enteira, e debuxar nela, pintar, decorar como vos guste, recortar, pegar... E deixar unha mensaxe para Rabuñoso, ou tamén para Máxica, para os vosos compañeiros e profes...

Despois expoñeremos todas as postais na biblioteca, para que as poidades ver cada vez que vaiades coller contos os mércores pola tarde (16:00-18:00).

Bo Nadal a todo o alumnado e familias do CRA de Meis!!

CONTACONTOS CON SOLE FELLOZA

Esta semana tivemos a Sole Felloza no cole. É unha contacontos fabulosa. Esta actividade realizouse como parte do programa "Radio na biblio" no que participamos dende hai uns anos a través da biblioteca escolar. Estaba prevista para marzo, pero por mor da suspensión das clases adiouse ata agora. Íase facer na radio co alumnado de Xuntanzas, pero houbo que adaptalo en función das novas circunstancias. Así, Sole percorreu todas as aulas do CRA, e contounos unhas historias estupendas! Contos de intriga, de amor, de cantar e contar, de medo que dá risa... Contos que nos ensinan que as cousas non sempre son como aparentan, que non debemos prexulgar sen coñecer, que xuntos somos máis fortes, e que temos que medrar sen esquecer as cousas importantes que aprendemos sendo nenos e nenas. Grazas Sole!

 

CANTO CONTO, RABU! Recomendacións lectoras (1)

Rabu tráenos algunhas das novidades da biblioteca do CRA de Meis neste primeiro episodio de Canto conto!

MAIOS CONFINADOS!

DÉMOSLLE A BENVIDA AO MES DE MAIO COA TRADICIÓN DA FESTA DOS MAIOS, COMO FACEMOS TÓDOLOS ANOS, PERO CUNS PEQUENOS CAMBIOS DEBIDO AO MOMENTO QUE ESTAMOS VIVINDO.

RECOLLER ELEMENTOS NATURAIS PROPIOS DESTA ÉPOCA COMO OS MAIOS, OS PAMPULLOS, O FIUNCHO... E CANTAR UNHA COPLA ACOMPAÑANDO AO NOSO MAIO FEITO.

MAIOS FEITOS NA CASA CON AXUDA DAS FAMILIAS!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut