Nós tamén creamos

DÍA DE ROSALÍA 2019 EN XUNTANZAS

Todos e todas somos Rosalía de Castro. Para lembrar o día do seu nacemento, en Xuntanzas poñémonos na súa pel, e recitamos unha poesía curtiña das súas. Antes fixemos coas nosas mans unha chea de galiñas, vestímonos coas nosas mellores galas e puxemos o pelo da nosa poeta.

ENTREVISTA A MARUJA MALLO

OS NOSOS PERIODISTAS MÁIS INTRÉPIDOS FIXERON UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE MARUJA MALLO. TAL FOI A SÚA TEIMA POR COÑECELA, QUE ATA CONSEGUIRON ENTREVISTALA!

A CONTINUACIÓN PODEMOS VER UN ANAQUIÑO DO QUE DEU DE SI A ENTREVISTA. UN PEQUENA PARTE DO TRABALLO QUE TIVO O SEU COMEZO NAS AULAS COA CREACIÓN DE XORNAIS E A INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA DESTA GRAN ARTISTA.

VAS CAER

Achegámonos ás ideas previas que teñen sobre a radio a través dun concurso, onde só deben empregar o oído... Serán capaces de identificar que é un programa de radio?

Aquí podedes ver un dos programas de CRA TV: VAS CAER!

 

IMPROVISACIÓNS SOBRE LENZO

Seguimos a mergullarnos na arte e traemos ás nosas sesións de dramaturxia de Xuntanzas uns escenarios moi especiais sobre os que improvisar un chisco e rirnos a gargalladas!

Isto é ARTE NA SÉTIMA ARTE!

A RÚA DA TIXOLA - EPISODIO 1

 

       

Nas sesións de xuntanzas xogamos coas artes audiovisuais facendo a nosa primeira serie: A rúa da tixola. Adaptación do libro de Charo Pita e Massimiliano di Lauro (OQO editora) que nos está a servir para indagar sobre o estudio da contorna, dentro do proxecto "Coñecer Meis é marabilloso".

COÑECER MEIS É MARABILLOSO!

MEIS É UN CONCELLO MARABILLOSO, PERO COÑECÉMOLO BEN?

ANIMÁMONOS A PARTICIPAR NO CONCURSO: ONDE ESTÁ RABUÑOSO?

Distribuir contido