Skip to Content

PDI

DÍA DA ÁRBORE 2024

Hoxe celebramos o Día da Árbore nunha preciosa xornada xunto as nosas compañeiras e compañeiros do CPI Mosteiro-Meis e o Cole da Armenteira . Plantamos moitísimas novas árbores (ata 70) así como gozamos da fermosura, da sombra, do acoubillo e dos recursos das que foron plantadas polos nosos devanceiros neste precioso paraxe de Porta Pisón. Graciñas aos Axentes Forestais, á Comunidade de Montes, ao Concello de Meis, así como aos coles que nos acompañaron nesta xornada. Música: Magín Blanco - Cores (A nena e o Grilo).

 

Que lle pasou a Rabuñoso?

POLO RIO ABAIXO - OS XENERAIS DO ULLA

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. Hoxe chegan á zona do Ulla onde cambiarán a chalana polo cabalo, serán quen de batarse en atranques cos xenerais? Amplía a información nos seguintes enlaces: https://www.youtube.com/watch?v=AGApbD6iUVM

POLO RÍO ABAIXO - ENTROIDO DE LAZA

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. Nesta xornada arriban ao Entroido de Laza, como acabará esta aventura entre lama, fariña, peliqueiros e formigas? Máis información no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=qJd3QIjgFnc

POLO RIO ABAIXO - ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. En Xinzo de Limia os nosos aventureiros porán a proba a súa destreza e tamén a súa velocidade escapando das ruidosas pantallas. Máis información no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=-L3cyoQFbnEhttps://www.youtube.com/watch?v=v5188fQiN7g

POLO RÍO ABAIXO: O ENTROIDO DE VIANA DO BOLO

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. O estrondo dos folións achégaos ata a fermosa Viana do Bolo, onde Máxica, Naturizo e Rabuñoso alucinan co Boteiro e os seus chimpos! Guapo, guapo non é, pero pega uns chimpos... Amplía a túa información nos seguintes enlaces: https://www.youtube.com/watch?v=EW54WQstfnohttps://www.youtube.com/watch?v=qShyeAv8GCUhttps://www.youtube.com/watch?v=DXzhsRXgSC0

POLO RÍO ABAIXO - O ENTROIDO RIBEIRAO

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. Hoxe chegan a Santiago de Arriba, no concello de chantada, onde se atoparán cos volantes e os seus ancestrais bailes, os galopíns dos maragatos e o impresionante e colorido pucho. Amplía a información nos seguintes enlaces: https://www.youtube.com/watch?v=LsPtdr3wZcI https://www.youtube.com/watch?v=U23H5qrXQ1U

POLO RÍO ABAIXO: O ENTROIDO DE COBRES

https://youtu.be/UbERino-Hkc

Novo episodio de Polo río abaixo, onde os nosos aventureiros seguen a percorrer a xeografía galega no seu barquiño. Desta volta acaban navegando ata Vilaboa onde se atoparán con unha festa moi especial.

Distribuir contido


by Dr. Radut