Avisos

PLAN MADRUGA

INFORMAMOS QUE ATA O COMEZO DE CURSO PODEDES ACHEGARVOS AO CONCELLO PARA INSCRIBIR AOS VOSOS FILLOS E FILLAS NO PLAN MADRUGA.

PARA INSCRIBIRVOS PRECISADES CUBRIR NO CONCELLO A FICHA DE INSCRICIÓN E ACHEGAR OS SEGUINTES DOCUMENTOS PARA COTEXAR:

- Fotocopia do DNI do pai e da nai.

- Fotocopia do DNI do neno (ou libro de familia).

- Xustificante actual de ocupación laboral do pai e da nai ou do titor/a.

- Fotocopia do IBAN bancario.

- Se os pais están separados ou divorciados, documentación que o xustifique para entregar só a documentación do que conviva co neno/a.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

Lembrarvos que a aula de acollida estará na escola de Paradela. Para informarvos sobre os custos e condicións do servizo, por favor preguntar no concello de Meis. De igual forma no colexio estaremos encantados de poder atender as vosas consultas e suxerencias (634 518 028).

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Queredes saber como é unha escola rural? Queredes descubrir como son as nosas aulas? Queredes coñecer ás vosas futuras mestras e compañeiros?
O vindeiro martes día 12 de xuño, as escolas do CRA de Meis abren as súas portas para vós! Rabuñoso agárdavos!
 

HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O MES DE XULLO

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2017/18

O CURSO ESCOLAR COMEZARÁ O

DÍA 11 DE SETEMBRO EN

HORARIO DE 10:00 A 12:00

PARA TÓDOLOS NENOS E NENAS DO CRA.

 

BENVIDOS E BENVIDAS UN ANO MÁIS!!! ESPERÁMOSVOS!!!

 

CAMBIO DE NÚMERO DE TELÉFONO

 Debido a que tódalas consellerías da Xunta de Galica están a cambiar de compañía de teléfono co fin de unificar servizos e crear unha liña interna, o CRA de Meis vese na obriga de modificar o seu número telefónico, atendendo a partir de agora no seguinte número:

 

Teléfonos: 886 151 390

                 886 151 391

 

Fax: 886 151 392

IMPORTANTE

ANDADE CON OLLO!!! POIS VOLVERON A VISITARNOS OS PIOLLOS!!! TOMADE AS PRECAUCIÓNS ADECUADAS!!!

 

   

Distribuir contido