ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2019-20

Nenos e nenas nacidos durante o ano 2016

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado.

 

**A normativa que regula dito proceso é a seguinte:

-Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

-Orde do 12 de marzo de 2013.

-Orde do 25 de xaneiro de 2017.

 

**INSTRUCIÓNS: É NECESARIO TRAER OS ORIXINAIS PARA COTEXAR

-Cubrir na aplicación admisionalumnado o formulario normalizado (ED550D) a través do menú Solicitudes-Admisión-Crear unha solicitude de admisión. Imprimir dito formulario e entregalo no centro educativo asinado por ambos proxenitores.

***Este formulario tamén podedes pedilo nas escolas ou descargalo aquí.

-Copia do DNI do neno/a, no caso de non telo poderase aportar copia do libro de familia na que aparece inscrito o neno/a.

-Copia do DNI do pai e da nai.

-Copia do Libro de Vacinas.

-Copia da Tarxeta Sanitaria.

-2 Fotos actuais, tamaño carné.

-Certificado Médico de non padecer enfermidades infecto-contaxiosas.


**NO CASO DE QUE O NENO PADEZA ALGUNHA ENFERMIDADE QUE A ESCOLA DEBA  COÑECER COMO A EPILEPSIA, DIABETE OU  ALERXIAS QUE POIDAN DESENCADEAR UNHA ANAFILAXIA, DEBERASE PRESENTAR TAMÉN UN CERTIFICADO MÉDICO AO RESPECTO PARA INCLUÍR O NENO  NO PROGRAMA DE ALERTA ESCOLAR.

**CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, SE É O CASO.

**TER COÑECEMENTO DE SE O NENO/A  VAI TER RELIXIÓN OU ALTERNATIVA.

**SABER SE SE VAI SOLICITAR O PLAN MADRUGA, SÓ NA ESCOLA DE PARADELA.

 

**IMPORTANTE:

-Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza como primeira opción,  non podendo presentar outras solicitudes noutros centros.

-Prazos para a entrega da documentación: 1-20 de marzo (ambos inclusive) na sede do CRA de Meis, en San Lourenzo. 

-Horarios para a entrega de documentación:

Luns: 9:00-11:00

Martes: 16:00-18:00

Mércores: 9:00-11:00

Xoves: 12:00-14:00

-Publicación da lista de admitidos na web e nos taboleiros das escolas: Antes do 15 de maio. 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES CURSO 2019/20

 

  NOTA: De non cubrirse as prazas reservadas para NEAE (Nenos con necesidades específicas

de apoio educativo) serán adxudicadas ao resto do alumnado solicitante. 

SOMOS UN CRA (Colexio Rural Agrupado)

    

ENTROIDO 2019

DÍA DE ROSALÍA 2019 EN XUNTANZAS

Todos e todas somos Rosalía de Castro. Para lembrar o día do seu nacemento, en Xuntanzas poñémonos na súa pel, e recitamos unha poesía curtiña das súas. Antes fixemos coas nosas mans unha chea de galiñas, vestímonos coas nosas mellores galas e puxemos o pelo da nosa poeta.

Un venres en Xuntanzas

Samaín 2018

Distribuir contido